EGOS

Posted by franciscocastro - 23/03/08 at 01:03 p.m.

Lucidísimo o artigo de onte en Babelia de Juan Cruz, titulado Egos Revueltos sobre, precisamente iso: o ego dos escritores. Pareceume divertidísimo ese comentario de que os escritores “desayunan egos revueltos. Primero yo, y después yo”. Lédeo de vagar e aprenderedes cousas. Sobre todo, que moitos dos nosos grandes mitos literarios tiñan moito de egocéntricos. Desde Borges, que en canto podía aproveitaba para poñer a caldo aos seus contemporáneos, pasando por outros célebres que movían os libros nas tendas para que os seus estivesen por enriba, a aquel que desprezaba o mundo editorial pero mallaba nos editores para que fixesen publicidade dos seus libros.
En calquera caso, tanto egocentrismo demostra que todos somos mortais.

Os comentarios están pechados.