MEDRA A LITERATURA FANTÁSTICA. NORMAL

Posted by franciscocastro - 21/03/08 at 01:03 p.m.


Leo en moitas partes que está a medrar o interese entre os lectores xa non tan novos, pola literatura fantástica. O feito, en si mesmo, é redundante, porque toda literatura é fantástica.
Pero dando por feito que sexa un xénero todo iso dos monstros, as realidades paralelas, a épica dos aneis e das probas iniciáticas e tal, o único que teño que dicir é: normal.
Porque a realidade é tan sumamente aborrecida(veño de mercar o xornal, disimulen ) que dan gañas de irse a viaxar por aí con elfos, reencarnacións de Arturo e unha boa Xenebra. Co personaxe, digo.

Os comentarios están pechados.