XUÍCES POETAS

Posted by franciscocastro - 20/03/08 at 05:03 p.m.

Leo en El País de hoxe que hai xuíces case que tan extravagantes coma os escritores. E ao igual que estes, que moitas veces utilizan a literatura para facer xustiza, seica agora anda por aí adiante algún que outro xuíz metido a poeta.
Velaquí unha mostra de parte dunha sentencia de divorcio redactada polo xuíz de Tenerife Álvaro Gaspar:
“Procede acceder a la separación / que imploran tanto el señor Triana / al que no le da la real gana/ de soportar la tensión/ como la señora Sarmiento/ que no sufriendo escarmiento/ tras su primer tropezón/ persiste en el mismo tono/ y aduciendo el abandono/ suplica una solución”.
A pregunta agora sería que é o que non se toma en serio, se a poesía ou a adminitración de xustiza.

Os comentarios están pechados.