Archive for Marzo, 2008

SER MÁIS

30th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en SER MÁIS

Hoxe en El País hai unha interesante entrevista co académico da española, Francisco Rico. Nun determinado instante da mesma, di algo moi atinado sobre o feito de ler: “La gran ventaja de la lectura s que te permite ser pícaro y villano. Yo soy a veces Eichmann y otras un judío de Auschwitz”. Coido que […]

ALMODÓVAR

29th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ALMODÓVAR

Leva a prensa uns días falando de que o cineasta Pedro Almodóvar inaugurou blog, e que está a servirlle para ir contando como vai a súa película. O seu espazo web está moi ben, pero eu quero aproveitar para reivindicar o Pedro Almodóvar do comezo. Porque a pesar dos Óscars e tal, non gusto do […]

O TEMA

26th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O TEMA

Hoxe xoga a selección española e, seica, non hai máis tema no mundo. Pos a radio e aí están. Por a tele e hai están. Están por todas partes, coma os átomos que, por certo, seica son redondos coma un balón. Coma sempre, el estivo xenial para deixar claro que é o que importa e […]

AGORA ( ¡¡¡O CASTELÁN AMEAZADO??? )

25th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en AGORA ( ¡¡¡O CASTELÁN AMEAZADO??? )

Esta mañá escoitei unha entrevista con Carlos Mejía Godoy, seguro que o lembrades, aquel de Son tus perjúmenes mujer ( tus pechos…. tus pechos cántaros de miel, etc… ) que aledou a nosa infancia. Nun determinado instante, explicou que en Nicaragua hai lugares onde se falan palabras das linguas que trouxeron os colonizadores, e que […]

EGOS

23rd Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en EGOS

Lucidísimo o artigo de onte en Babelia de Juan Cruz, titulado Egos Revueltos sobre, precisamente iso: o ego dos escritores. Pareceume divertidísimo ese comentario de que os escritores “desayunan egos revueltos. Primero yo, y después yo”. Lédeo de vagar e aprenderedes cousas. Sobre todo, que moitos dos nosos grandes mitos literarios tiñan moito de egocéntricos. […]

NO PASAMENTO DE PAUL SCOFIELD E DAS UTOPÍAS

22nd Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en NO PASAMENTO DE PAUL SCOFIELD E DAS UTOPÍAS

O xoves finou Paul Scofield, o grande actor británico que, independentemente doutros traballos, sempre o lembrarei por ter encarnado a Tomás Moro no cine, papel polo que lle deron o seu único Óscar en Un home para a eternidade. Mirei aquela película con grande interese pois a día de hoxe segue a fascinarme a Utopía […]

MEDRA A LITERATURA FANTÁSTICA. NORMAL

21st Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en MEDRA A LITERATURA FANTÁSTICA. NORMAL

Leo en moitas partes que está a medrar o interese entre os lectores xa non tan novos, pola literatura fantástica. O feito, en si mesmo, é redundante, porque toda literatura é fantástica. Pero dando por feito que sexa un xénero todo iso dos monstros, as realidades paralelas, a épica dos aneis e das probas iniciáticas […]

XUÍCES POETAS

20th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en XUÍCES POETAS

Leo en El País de hoxe que hai xuíces case que tan extravagantes coma os escritores. E ao igual que estes, que moitas veces utilizan a literatura para facer xustiza, seica agora anda por aí adiante algún que outro xuíz metido a poeta. Velaquí unha mostra de parte dunha sentencia de divorcio redactada polo xuíz […]

A CAÍDA DO PRINCIPIÑO

19th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A CAÍDA DO PRINCIPIÑO

Hai uns días revelouse que o piloto alemán Horst Rippet confesou, 64 anos despois, que foi el quen abateu o avión de Saint-Exupery cun caza Me-109. Esa mesma noite, revelóuseme, nun soño, o que ía pensando o autor mentres caía ao mar. Isto non figura en ningún libro de historia da literatura. Son cousas dos […]

EU TAMÉN QUERO

18th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en EU TAMÉN QUERO

Ese é o título do meu artigo (namorado) de hoxe en A Nosa Terra Diario. (A foto, é de Francesca Woodman; agora lede o artigo )