Archive for Xaneiro, 2008

SOMOS UN PAÍS PEQUENO INCLUSO PARA ET

14th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en SOMOS UN PAÍS PEQUENO INCLUSO PARA ET

Este é o título do meu artigo de hoxe en A Nosa Terra Diario.

NOVOS PROXECTOS

11th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en NOVOS PROXECTOS

Dediquei os pasados 19 anos da miña vida ao ensino. Pero desde hai dous días, vivo unha nova aventura aquí.

MEDO ME DÁ

10th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en MEDO ME DÁ

Lin por aí que a capacidade creativa que tiñamos cando eramos cativos redúcese ata nun 90 por cento na madurez. Medo me dá. Diante de frases como estas, eu sempre fago miña, de cada vez que celebro un aniversario, aquela frase de Nietzsche que di que para ser realmente sabios temos que conseguir recuperar a […]

RIMBAUD MOLA!

9th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en RIMBAUD MOLA!

Desde sempre me interesaron as pintadas. E igual é unha impresión miña pero desde hai uns anos teño a sensación de que baixaron moito de nivel. Recordo hai moitos anos unha mítica que atopei na praia de Samil que dicía: “Se buen ciudadano y colabora con la policía. Date de hostias en casa”. Durante un […]

LECTURAS DE INVERNO: EN EL CAMINO DE JACK KEROUAC

8th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en LECTURAS DE INVERNO: EN EL CAMINO DE JACK KEROUAC

Moito tempo despois volvín a En el camino de Jack Kerouac, un escritor que amo. Eu xa non son o mesmo. Pasou moito tempo. Pero penso que si que son o mesmo. Emociónome igual. Léoo doutra maneira. Enténdoo doutra maneira, non sei se mellor que na adolescencia. Pero a emoción é a mesma. As mesmas […]

BLOGS, LIBERDADE, REPRESIÓN

7th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en BLOGS, LIBERDADE, REPRESIÓN

Segundo o Technorati, no mundo hai 112 millóns de blogs. Que vostedes lle dediquen uns minutos ao meu paréceme, desde logo, un luxo. Daquela, grazas. Non sei vostedes pero eu hai xa moito tempo que paso máis polos blogs, por certos blogs, que polos medios de comunicación, digamos, tradicionais. A día de hoxe permiten traballar […]

PÁGANME PARA MANDAR, NON PARA LER

6th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en PÁGANME PARA MANDAR, NON PARA LER

Pasei boa parte do serán de Reis vendo na casa a película dos Simpsons, serie da que son devoto confeso, e rindo de novo con ela. Como moitos sabedes, o presidente dos Estados Unidos é, na fita, Arnold Schwarzenegger, ese intelectual que antes fixo carreira no cine e agora churrusca xente na cadeira eléctrica como […]

UN POEMA PARA UXÍO NOVONEYRA

4th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN POEMA PARA UXÍO NOVONEYRA

A Asociación de Escritores en Lingua Galega vén de editar un libro de homenaxe a Uxío Novoneyra. Con toda a humildade do mundo, contribuín con este poema. A amiga alba camiña polos pés con Uxío e comigo e no Courel Amiga alba e delgada estás lonxe e non hai nada en toda a serra calada. […]