OS AUTORES FAVORITOS DOS BEATLES

Posted by franciscocastro - 30/01/08 at 10:01 p.m.


Hai uns días propúxenvos un xogo que vai moi ben. Por certo: seguide xogando.
Hoxe vou atreverme a contestar polos Beatles.
Na portada máis famosa dun dos seus discos, o Sgt Pepper’s Lonely Hearts Club Band ( esa marabilla da psicodelia que se pode escoitar veces e veces e nunca cansar ), decidiron poñer, canda deles, aos que máis admiraban por uns ou outros motivos.
Pois ben, nesa foto están ( podedes xogar a tentar localizalos ), Edgar Allan Poe ( citado nalgunha das cancións, e admirado en absoluto por Lennon ), Huxley, H.G. Wells, Bernard Shaw, Lewis Carroll (outro que adoraba John ) e Oscar Wilde.
Daquela, eles, tamén xogan con nós.
Aínda que sexa desta maneira absurda que este beatlemaniaco enfermizo que eu son, vén de facer.

Os comentarios están pechados.