LIBROS BEN PAGADOS
Posted by franciscocastro - 18/01/08 at 08:01 p.m.
Na prestixiosa editorial británica Harper Collins publica a Nobel Doris Lessing. Sen dúbida páganlle moi ben. Ou deberían. Porque veño de ler por aí que a Coleen Mcloughlin, que é esa que vedes aí na foto, vanlle pagar un contrato millonario ( de libras ou de euros, a ese nivel tanto ten ) para que asine ( no ruxe-ruxe está claro que non escribe ela ) cinco libros tralo éxito do anterior, Welcome to my world, ( Benvido ao meu mundo ), Volume Esencial onde explica, leo por aí, onde mercar a bo prezo ou cal é o corte de pelo que hai que levar ( isto último impórtame máis ben pouco ). A rapaza, por suposto, é famosa e sae de portada no Vogue e vende unha fragancia propia, non polo libro en cuestión, senón por ser a moza dun futbolista británico chamado Wayne Rooney e que xoga no Machester United.
Ela xa ten o seu libro. E veñen cinco máis. E moi ben pagados. Igual que Vicky Beckham, escritora e, ademais, música.
A reflexión é clara: as mozas dos futbolistas españois son todas unhas incultas. Nin unha soa escribiu un libro.
Así nos vai.

Xaneiro 18th, 2008 at 11:30 p.m.
Hoxe en día, parece que para triunfar na música non fai falta saber cantar,#blgtk08# para triunfar na literatura non fai falta saber escribir, etc, etc etc…
Xaneiro 19th, 2008 at 5:00 a.m.
veño de rematar spam hai un par de horas. Flipo. Álucino coa túa técnica para relatar tan ben e con tantísimo risco. Estiven na procura da páxina web óllame.com. Non existe. Pensei que puideras ter pensado en construíla. E estiven a ler qué significa a túa novela na nosa lingua. Falan de paridas. Moita xente lémbrame a parida da xeración X. algúns falan de Bukowski. Dame a risa. E de B.E. Ellis. Iso sóame mellor, #blgtk08#mesmo sóame a túa novela.
Coma son un pequeno burgues sectario, que é o que me chamaba a miña moza hai anos, e un pedante, dígoche que Spam, para mín, lémbrame moitísmo a Titus Andronicus, de Shakespeare. o protagonista e Titus son o mesmo.
En fin, gustoume moitísimo. é a hostia. E qué ben escribes dun xeito difícil. Qué sorte coñecerte!
Unha aperta.
edu.
Xaneiro 19th, 2008 at 10:19 a.m.
Edu non es o único, houbo máis que buscaron sen resultado na rede ollame.com pero antes da decepción de non atopar a páxina houbo un estupendo es#blgtk08#tado de aventura de crer que quizais estaría alí.
Saúdos de lectora a lector.
Vale, tamén saudarei ao escritor que ha de andar
Xaneiro 19th, 2008 at 11:28 a.m.
Non lembra vostede a gran María Ostiz, muller de Zoco, g#blgtk08#rande difusora da cultura galega entre os peninsulares?
Xaneiro 19th, 2008 at 6:05 p.m.
Grazas a todos polos comentarios. E sobre o que comenta Edu e X, xa o contei unha vez: ao primeiro, as web que puxen na primeira versión de Spam eran inventadas e xusto cando a novela ía entrar en máquinas fixen a #blgtk08#comprobación por se acaso… e carafio, si que había webs activas. Conclusión: mellor inventar outras. En calquera caso, alédome de que intentasen procuralas. Unha aperta grande a todos. E bicos. Moitos. Un cento.
Xaneiro 21st, 2008 at 12:15 p.m.
Ola, Francisco. Enfiando co que dis, aí vai unha idea a navegadores. Estaría moi ben un libro de entrevistas a algunha muller de futbolista. Por exemplo, propoño a Snezana, esposa do mítico Vlado Gudelj. Tocoulle vir a España mentr#blgtk08#es o seu país -e a súa cidade, Mostar- se desangraba na guerra. Sería moi interesante coñecer como se vive un desgarro emocional tan forte dende unha realidade totalmente distinta.
Que tal os primeiros días no novo traballo?
Xaneiro 21st, 2008 at 4:38 p.m.
Desde logo que daría pra unha#blgtk08# entrevista moi interesante.
Xaneiro 21st, 2008 at 8:09 p.m.
Non lle de vostede ideas que a min me parece que alg#blgtk08#unha non ha tardar e senon ao tempo.