A IMPORTANCIA DO CÓMIC PARA CHEGAR Á LITERATURA

Posted by franciscocastro - 15/01/08 at 10:01 p.m.


Agora fálase moito de Ibañez polos 50 anos de Mortadelo e Filemón.
Do Qué Leer do mes pasado ( mágoa que non poida traelo desde a web ), rescato esta observación súa para asinala, rubricala e defendela con paixón: Algúns profesores de Primaria dixéronme que os meus cómics, cheos de verbas raras e en desuso, estimularon o vocabulario dos seus alumnos. O bonito e o útil que tiña o cómic era que a imaxe ía acompañada do bocadillo; eran unhas poucas liñas, pero o neno íase afacendo á letra impresa e a ler cada vez máis. Logo xa pasaba ás lecturas de Guillermo O Fedello, de aí ás de Salgari e Verne ata chegar a Kafka.
A observación é valiosa. Sobre todo porque hoxe en día os cativos non len libros, senón que fan “ximmasia” coa Wii.

Os comentarios están pechados.