Archive for Xaneiro, 2008

OFENSA Á INTELIXENCIA

31st Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en OFENSA Á INTELIXENCIA

Oficialmente aínda non empezaron. Pero eu xa non podo máis. E tan canso estou que non penso nin argumentar sobre o meu fastío. Remítovos aquí.

OS AUTORES FAVORITOS DOS BEATLES

30th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS AUTORES FAVORITOS DOS BEATLES

Hai uns días propúxenvos un xogo que vai moi ben. Por certo: seguide xogando. Hoxe vou atreverme a contestar polos Beatles. Na portada máis famosa dun dos seus discos, o Sgt Pepper’s Lonely Hearts Club Band ( esa marabilla da psicodelia que se pode escoitar veces e veces e nunca cansar ), decidiron poñer, canda […]

CRIGAL

29th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CRIGAL

Hai uns días naceu o blog da Sección de Crítica Literaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ou o que é o mesmo, un espazo web onde os críticos galegos van poder comunicarse con nós doutra maneira diferente á habitual. Polo xeral sabemos do seu traballo cando recensionan e analizan os nosos libros, nos […]

perezhilton

28th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en perezhilton

Ese é o título do meu artigo de hoxe en A Nosa Terra Diario.

¿CAL FOI O LIBRO SEN O CAL TI NON SERÍAS TI?

25th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿CAL FOI O LIBRO SEN O CAL TI NON SERÍAS TI?

A pregunta quizais soa pretensiosa. Pero foi o que se me ocorreu despois de ler unha entrevista co autor estadounidense Sean Penn, na que explicaba que as distintas etapas da súa vida tiñan que ver con libros concretos. O diálogo co actor fíxome pensar no meu propio caso. O libro que me cambiou para sempre […]

O LIBRO DE MAÑÁ

22nd Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O LIBRO DE MAÑÁ

Este mércores, na Fundación Caixa Galicia de Vigo, ás 19.30 horas, participarei nunha mesa redonda, organizada por Galaxia, e dentro dos actos programados na exposición sobre a obra de Xohán Ledo da que xa falamos trala inauguración, sobre o tema,Os libros de mañá. Novas tecnoloxías e novas linguaxes. Terei a sorte de compartir mesa e […]

LIBROS BEN PAGADOS

18th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en LIBROS BEN PAGADOS

Na prestixiosa editorial británica Harper Collins publica a Nobel Doris Lessing. Sen dúbida páganlle moi ben. Ou deberían. Porque veño de ler por aí que a Coleen Mcloughlin, que é esa que vedes aí na foto, vanlle pagar un contrato millonario ( de libras ou de euros, a ese nivel tanto ten ) para que […]

COÑECER AOS NOSOS AUTORES

17th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en COÑECER AOS NOSOS AUTORES

Estes días atrás toda a prensa galega, coido que sen excepción, fíxose eco do nacemento dunha web, Conocer Al Autor, que permite ver aos autores falando das súas propias obras. Vale. Contouse que era unha inicativa novidosa e tal e tumba e veña e dálle. Que si. Será momento perfecto este, xa que logo, para […]

MÁIS DE PINTADAS

16th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en MÁIS DE PINTADAS

Hai un par de días comentei aquí unha pintada que me gustara moito. O meu comentario orixinou uns cantos vosos e deixou claro que vos interesa moito o tema. Xa que logo, non podo deixar de perdirvos, aínda que sei que case que todos o facemos a diario, que pasedes polo blog de Marcos Valcárcel, […]

A IMPORTANCIA DO CÓMIC PARA CHEGAR Á LITERATURA

15th Xaneiro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A IMPORTANCIA DO CÓMIC PARA CHEGAR Á LITERATURA

Agora fálase moito de Ibañez polos 50 anos de Mortadelo e Filemón. Do Qué Leer do mes pasado ( mágoa que non poida traelo desde a web ), rescato esta observación súa para asinala, rubricala e defendela con paixón: Algúns profesores de Primaria dixéronme que os meus cómics, cheos de verbas raras e en desuso, […]