Archive for Decembro, 2007

O MEU DESEXO/BERRO PARA O 2008

31st Decembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O MEU DESEXO/BERRO PARA O 2008

Hoxe, no meu artigo en A Nosa Terra Diario, expreso o meu desexo/berro para o 2008. Podédelo ler aquí. Espero que se me cumpra. E para vós, sufridos lectores deste meu blog, deséxovos un 2008 cheo de luz.

A IRMANDIÑA

21st Decembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A IRMANDIÑA

Os amigos de Vieiros pedíronme un nome para a Selección Galega de Fútbol, e un prognóstico para o partido do día 27 contra Camerún. Porque todas as seleccións teñen un nome que as identifica. E a galega aínda non. Está someténdose a cousa a votación. Eu propuxen A Irmandiña. Explico todo aquí.

VIGO: O CORAZÓN DUN DRAGÓN

20th Decembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en VIGO: O CORAZÓN DUN DRAGÓN

Onte acodín o acto de presentación da candidatura da miña cidade, Vigo, á organización da Universiada 2013. Como vigués síntome honrado por ter recibido a encomenda de elaborar o guión do video de presentación que titulamos “Vigo: o corazón dun dragón”. A Universiada, de se conseguir ( como dixo o actor Carlos Blanco durante a […]

ASÍ SI

18th Decembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ASÍ SI

Onte en El País comentábase unha experiencia nunha escola de Elxe que, para min, é todo un exemplo de como se deben de facer as cousas á hora de fomentar a lectura na escola. Desde o ano 2000 existe un programa no instituto de fomento da lectura para iniciar a rapaces entre 12 e 18 […]

HOMO SAPIENS BURRANS

17th Decembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en HOMO SAPIENS BURRANS

Ese é o título do meu artigo de hoxe en ANOSATERRA Diario. Podédelo ler aquí.

AGASALLAR LIBROS ( E UNHA PREGUNTA: ¿QUE LIBRO QUERES PARA NADAL? )

14th Decembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en AGASALLAR LIBROS ( E UNHA PREGUNTA: ¿QUE LIBRO QUERES PARA NADAL? )

Agora que xa comezou esta época horripilante de agasallar porque si e de consumir porque tamén e de celebrar porque claro, convén que lembremos a importancia de meter algún libro como agasallo para os máis cativos. Gañará a play-station, e o móbil, e calquera cousa que teña luces e funcione con electricidade, pero se o […]

SEPARAR LINGUA E LITERATURA

13th Decembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en SEPARAR LINGUA E LITERATURA

En moitas ocasións, tanto neste blog como en actos públicos ou en escritos en xornais, teño insistido na idea de deslindar as asignaturas de Lingua e Literatura. A día de hoxe impártense xuntas, mesturando os libros e o pracer de ler con suplementos, sintagmas preposicionais, sílabas átonas e tónicas, o te o che e o […]

EU TAMÉN QUERO

12th Decembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en EU TAMÉN QUERO

Polo xeral non me tomo a molestia de ler os premios Planeta. Sen embargo, sospeito que este ano si que lerei o libro de Juan José Millás. Linlle moitas obras no pasado e aínda no verán gocei moito co seu libro Cuentos de adúlteros desorientados. Vén hoxe aquí por algunhas das respostas que concedeu nunha […]

LECTURAS DE OUTONO: O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR

11th Decembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en LECTURAS DE OUTONO: O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR

Todo o mundo sabe da miña devoción pola obra de Agustín Fernández Paz. Pero niso non son nada orixinal. É unha paixón que comparto con milleiros de lectores de Galicia e de fóra dela. Agora veño de rematar a lectura da súa nova obra, editada por Xerais, O único que queda é o amor, un […]

TRABALLAR. PARA LER

10th Decembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en TRABALLAR. PARA LER

Vendo o remake o outro día na televisión de Sabrina y sus amores, hai un instante no que a rapaza protagonista ( Julia Ormond ) confesa a seu pai que unha das cousas que máis lle admira é que escolleu o traballo de chófer para así ter tempo para ler. Entran gañas de apuntarse.