Archive for Novembro, 2007

LA FRONTERA INFINITA

14th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en LA FRONTERA INFINITA

Sempre gustamos de celebrar as boas novas. E que obras de fóra cheguen ao galego e que obras galegas viaxen cara fóra sempre é unha boa nova. Neste senso, quero mostrar aquí a miña ledicia pola aparición do libro de Celso Emilio Ferreiro, La Frontera Infinita, traducción ao castelán publicada por Factoría K quen, ademais, […]

O MEU PAÍS É ASÍ

13th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O MEU PAÍS É ASÍ

O meu país é así. Un conselleiro de cultura ordena que se cubran paredes e paredes de edificios da Cidade da Cultura, con libros. O meu país é así. Libros para adornar. Poderían poñer falsos libros. Só as cubertas. Sería máis barato. Aí atrás contábannos que nun almacén da Xunta había tropemil libros editados polo […]

FAITE VALER

12th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en FAITE VALER

Cando estudaba Filosofía en Santiago, fantasiaba con, algún día, publicar un ensaio, un libro de pensamento profundo. Ata o de agora non o conseguín e só publiquei ficción. Dalgunha maneira, o ensaio aínda me fai sentir un certo respecto profundo. Mais a partir de agora xa non sei que pensar. Ediciones B vén de sacar […]

¿TERÁ ALGO QUE VER?

9th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿TERÁ ALGO QUE VER?

Leo un informe sobre o que de verdade gañan os españois e atopo un dato sorprendente. Os que menos cobran de toda España son os extremeños ( 1336 euros brutos de media ) e os segundos no furgón de cola, somos os galegos (1382 euros brutos ). Mais o sorprdente non é tanto iso canto […]

OITO

7th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en OITO

Seguindo o mandado de Acuática, velaquí oito cousas que me gustan. 1.- Estar co meu fillo e, sobre todo, rir con el. 2.- Estar con ela e, sobre todo, rir con ela. 3.- Escribir, tendo a sensación, obsesiva, de que vivo noutro mundo, nese que eu estou creando, nese que, despois, compartirei contigo. Escribir deixando […]

TRES

6th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en TRES

De toda a vida, cando alguén quería que algo fose tomado en serio, aspirábase a que a Universidade, como Templo do Saber ( soa cursi, pero neste contexto vale ) se ocupase dese algo. Se unha disciplina, por exemplo, pasaba a ter rango universitario, daquela, era digna de ser tomada en consideración como unha entelequia […]