Archive for Novembro, 2007

MAÑÁ NA ESTRADA

29th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en MAÑÁ NA ESTRADA

Como xa informei, e dado que o día de mañá, venres, vai ser un chisco complicado e non vou ter tempo de pararme co ordenador, prefiro dicilo hoxe e convidarvos a todos os que pola zona esteades á entrega do Premio Manuel García Barros de Novela, no Teatro Principal ás oito da tarde. Así, a […]

CEA E LITERATURA

27th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en CEA E LITERATURA

O pasado sábado levei unha sorpresa enorme. Fomos cear a un restaurante vexetariano que hai en Vigo e que se chama Gálgala. A sorpresa foi maiúscula porque é a primeira vez que vexo tan ben integradas a cociña e a literatura. Comezarei dicindo que non son un gran amante da cociña vexetariana. Cómoa. Gústame. Pero […]

ANDEIS BALEIROS NAS CASAS GALEGAS

26th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ANDEIS BALEIROS NAS CASAS GALEGAS

En relación co que levamos uns días falando, onte La Voz de Galicia informaba de que a meirande parte dos galegos teñen menos de 50 libros na casa. De feito, case que o 20 por cento dos fogares galegos non teñen nin 10 libros entre todos os membros. Iso si, o 99 por cento das […]

AS PALABRAS DA NÉBOA

23rd Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en AS PALABRAS DA NÉBOA

Supoño que xa estará nas librerías, porque o vindeiro venres, ás 20 horas, no Teatro Principal da Estrada, será o acto de entrega do Premio de Novela Manuel García Barros que, como sabedes, este ano mereceu a miña novela, editada en Galaxia, As Palabras da Néboa. O acto, de entrada libre, vai ser ben xeitoso, […]

5,1 EUROS AO MES EN GASTO DE LIBROS

22nd Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en 5,1 EUROS AO MES EN GASTO DE LIBROS

Como cada ano, o Ministerio de Cultura publica o Anuario de Estadísticas Culturales. E como cada ano, comentámolo neste blog náufrago. Seguimos igual. Ou sexa, non moi ben. Os galegos gastamos arredor de 168 euros ao ano en cultura, dos cales só 61.3 van para libros, o que, nunha doada división dános un total de […]

AS CARAS DO LIBRO GALEGO

21st Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en AS CARAS DO LIBRO GALEGO

Onte acodín á inauguración da exposición-homenaxe a Xohán Ledo, organizada pola Editorial Galaxia, no Pazo Quiñones de León de Vigo. A mostra é un luxo absoluto e por moitos motivos. Dividida en dous espazos, un dedicado á súa faceta, inmensa, de pintor ( coido que a máis descoñecida, a máis inxustamente descoñecida ), e a […]

HARRY POTTER E AS RELIQUIAS DA MORTE

20th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en HARRY POTTER E AS RELIQUIAS DA MORTE

Hoxe a prensa informa de que a versión en galego do último Harry Potter estará ao mesmo tempo dispoñible en galego que en castelán e catalá. A data de saída é o vindeiro 21 de Febreiro. Será, como os outros da saga, da man de Galaxia. Esta é unha nova importantísima, porque os lectores galegos […]

A CENSURA É INTOLERABLE

19th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A CENSURA É INTOLERABLE

Comentaba onte en La Voz de Galicia Francisco Ibañez que, con Franco, tiña un ollo no papel e outro na censura. E que agora, por suposto, todo é moito mellor. Suponse que, a pesares de cousas como el asunto de El Jueves, en España xa non hai censura. Pero no Irán si. Lemos que a […]

MAREA DE PALABRAS

16th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en MAREA DE PALABRAS

Hai cinco anos, cando escachou o Prestige, os escritor@s galegos aproveitaron para dar unha lección de compromiso co país poñendo a súa pluma contra a marea negra. Coido que, cando pasen moitísimos anos, tantos como para que ningún de nós estea xa sobre o planeta, os historiadores da literatura porán os seus ollos nas moitas […]

MORTADELO E FILEMÓN

15th Novembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en MORTADELO E FILEMÓN

Mortadelo e Filemón cumplen 50 anos. Nunca agachei o moito que me gusta a banda deseñada e, desde logo, nin a miña novelística nin a miña vida serían a mesma sen lecturas como Mafalda, Astérix, Jabato, Capitán Trueno, os heroes da Marvel… Pero, sobre todo e por enriba de todos eles, Mortadelo e Filemón. Todos […]