Archive for Outubro, 2007

BICOS E APERTAS

17th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en BICOS E APERTAS

Hoxe lemos na prensa que o multimillonario Donald Trump vén de anunciar que agasallará con 100 dólares por cabeza aos cen primeiros compradores do seu novo libro, que vai presentarse nunha librería da Quinta Avenida de Nova York. O título, por se alguén pensa en ir por alí ( pero apurade que seguro que vai […]

LECTURAS DE OUTONO: LA LADRONA DE LIBROS

16th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en LECTURAS DE OUTONO: LA LADRONA DE LIBROS

Onte rematei a lectura dun libro que me fixo gozar como había anos que non me pasaba. Xa sei que este tipo de cousas dicímolas con moita frecuencia. Pero desta vez é máis que verdade. La ladrona de libros de Markus Zusak é un deses textos que a calquera escritor nos encantaría escribir. Pleno de […]

O BIBLIOTECARIO

15th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O BIBLIOTECARIO

Souben onte de Arcimboldo, un pintor do século XVI que resulta dabondo sorprendente por construír os seus retratos a base de vexetais ou, como é o caso da imaxe que ilustra este post ( O Bibliotecario ) polo seu anticipo do cubismo. Reparemos con atención nesa pintura de 1562: o pintor constrúe un bibliotecario de […]

MEDIA HORA

11th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en MEDIA HORA

Onte estivo en Vigo un dos xefes de PRISA, Juan Luís Cebrián, dando unha charla convidado polo Club Faro de Vigo. Nun intre e segundo recolle o xornal ( eu non estiven na conferencia ), falou de que os españois dedicamos unha media de tres horas a ver a televisión e só media a ler. […]

A POLÉMICA DE SEMPRE

10th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A POLÉMICA DE SEMPRE

Espertei escoitando os berros alporizados duns tertulianos dunha emisora de radio chamándolle fascistas aos que tomaron a decisión de non invitar aos escritores en castelán que son cataláns, na Feira de Francfort na que, sabedes, este ano a Cultura Catalana é a convidada. Referíanse a autores tan importantes na literatura española como Eduardo Mendoza, Carlos […]

A METAMORFOSE EN BANDA DESEÑADA

9th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A METAMORFOSE EN BANDA DESEÑADA

É obvio que temos que procurar solucións imaxinativas para traer á mocidade á lectura. E, na liña do que debatiamos o outro día, por que non, traelos tamén á lectura dos clásicos. Neste senso, quixera comentar hoxe unha edición de A metamorfose, de Kafka, da man da editorial Astiberri, de Bilbao, que nos conta a […]

(GR)AMPUTADA

8th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en (GR)AMPUTADA

Vivimos nunha realidade amputada, mutilada, fragmentada. E moitas máis cousas que se me ocorren e que rematan en -ada. Mirade por exemplo o grandísimo Jack Kerouac. Veñen de editar hai un mes, non era sen tempo, o manuscrito orixinal da súa obra mestra, No Camiño. É unha novela adorada desde os anos 60. Os que […]

Xeración perdida

2nd Outubro 2007 by admin Comentarios desactivados en Xeración perdida

Comentarios anteriores: 1 Traslado a este recuncho aínda baleiro a miña satisfacción ao ler esta marea de verbas que me chega desde o mar de Vigo. Romper o silenzo e falar, do que nunca se dixo, das verdades que son segredos a voces. Altofalante dunha xeración que non coñecín. Cómpre escoitar atentos porque os libros […]

Xeografías

2nd Outubro 2007 by admin Comentarios desactivados en Xeografías

Comentarios anteriores: 1 Recordo moitas veces con placer ao pobre moneco sen sexo e a relación coa súa paerella de plástico. Non ben a conto, a pesar da coincidencia de datas, do debate sobre a vida sexual da Tamaro. Opinou nhusko (27-01-2007 20:50) 2 Grazas, nhusko. Aínda onte outra lectora falábame dese conto. Aínda rimos un […]

Un Bosque Cheo de Faias

2nd Outubro 2007 by admin Comentarios desactivados en Un Bosque Cheo de Faias