RETRANCA

Posted by franciscocastro - 29/10/07 at 02:10 p.m.

Comandados por ese tipo enome que é o grandísimo Kiko da Silva, nace Retranca, unha revista de humor feita desde nós e para nós. Na nómina de colaboradores, nomes – de nós – que garanten que vai ir ben seguro: Manuel Rivas, Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Leandro, Andrés Meixide… e outros de fóra ( de El Jueves, case que nada ).
Esta é unha iniciativa para apoiar. O humor sempre foi un dos nosos sinais de identidade. Por algo inventamos as cantigas de escarnio e maldizer, ou as regueifas, e tantas e tantas coplas de música tradicional cheas, precisamente, de retranca, de dobres xiros, de significados coñeiros. Por non falar do grandísimo Castelao. E ademais, un pobo que sabe rir de si mesmo é un pobo cheo de saúde. E aquí, desde aquela mítica publicación do Can Sen Dono que dirixía Pepe Carreiro, ata hoxe, a verdade é que andamos un chisco orfos de publicacións retranqueiras.
Longa vida. E moitas risas.

Os comentarios están pechados.