Archive for Outubro, 2007

HOXE ÁS 19.30 EN COMPOSTELA

30th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en HOXE ÁS 19.30 EN COMPOSTELA

Como xa vos informaba o outro día, hoxe ás 19.30 horas presentarei na Biblioteca Nova 33 ( R/ Frai Rosendo Salvado, 14-16, Compostela ), o meu libro para moz@s O Ceo dos Afogados, que resultou finalista do Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. A gañadora foi An Alfaya con Illa Soidade. Ademais do editor de […]

RETRANCA

29th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en RETRANCA

Comandados por ese tipo enome que é o grandísimo Kiko da Silva, nace Retranca, unha revista de humor feita desde nós e para nós. Na nómina de colaboradores, nomes – de nós – que garanten que vai ir ben seguro: Manuel Rivas, Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Leandro, Andrés Meixide… e outros de […]

41

27th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en 41

Hoxe cumpro 41 anos. Dicía Faulkner que todas as desgrazas do mundo estaban causadas por xente que estaba entre os 20 e os 40 anos. Síntome en verdade aliviado.

¿QUE TEÑEN OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS CONTRA DE NÓS? ( Un par de preguntas duras )

26th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿QUE TEÑEN OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS CONTRA DE NÓS? ( Un par de preguntas duras )

A noticia da semana, a gratísima nova da semana, e se me apurades, case que do ano, foi a concesión do Premio Nacional de Literatura Dramática ao galego Rubén Ruibal polo seu Limpeza de Sangue (Xerais ), aínda pendente de estrea. Hoxe, nunha entrevista en El País, fala de moitas cousas, pero hai algo nas […]

APRENDER A ODIAR A LECTURA

25th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en APRENDER A ODIAR A LECTURA

O pasado domingo, o xornalista Jorge Casanova, desde as páxinas de La Voz de Galicia, ofrecíanos unha interesante reportaxe arredor do feito de que a LOE contempla que os nenos deben comezar a ler aos 3 anos. Despois, ofrecíanos nove claves para facilitar o tránsito por un proceso máxico, ou o que é o mesmo, […]

DÍA DA BIBLIOTECA

24th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe é o Día Internacional da Biblioteca. Cómpre que o celebremos como é debido. Como se celebra a existencia, aínda, dun exemplar dunha especie protexida. Como se celebra o aniversario de alguén que ten moitos anos e que amamos tanto. Tanto. E que lembremos, de paso, a súa importancia, cando menos, na vida de moitos […]

LECTURAS DE OUTONO: PONDAL, BAUDELAIRE, POE

23rd Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en LECTURAS DE OUTONO: PONDAL, BAUDELAIRE, POE

Veño de rematar, nunha soa tarde, tres libros editados pola Editorial Tris Tram que recollen unha antoloxía de poemas de Baudelaire ( en versión francesa e galega ), de Poe ( inglés e galego ) e de Eduardo Pondal. Son tres libros diminutos que non chegan nin a ser de peto. Son de peto de […]

O CEO DOS AFOGADOS

22nd Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O CEO DOS AFOGADOS

Esta semana estará nas librerías a miña novela para moz@s O Ceo dos Afogados que resultou finalista do Premio de Literatura Xuvenil Caixa Galicia 2007. Presentarémola, xunto con Illa Soidade de An Alfaya, gañadora do mesmo premio, o vindeiro martes día 30 en Santiago, na Biblioteca da Fundación Caixagalicia ás 19.30. Quedades convidados. E xa […]

RADICAL ( PERO NON DEBERÍA )

19th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en RADICAL ( PERO NON DEBERÍA )

Unha das cousas que máis se subliñaron trala concesión do Nóbel de literatura a Doris Lessing é que estabamos “diante dunha autora cunha ollada radical”. Non está mal que nestes tempos light, descafeinados, aborrecidos, taciturnos, sombríos e moi dados ao pasteleo, non está mal, dicía ( é que me perdo con tanto adxectivo, xa saben, […]

MAÑÁ EN SANTIAGO, PREMIO A AGUSTÍN

18th Outubro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en MAÑÁ EN SANTIAGO, PREMIO A AGUSTÍN

Mañá estarei a iso das 12 e media no Colexio de La Salle de Santiago, para entregarlle ao grandísimo Agustín Fernández Paz o Premio Frei Martín Sarmiento polo seu libro Corredores de Sombra, gañador, para un durísimo e esixente xurado formado por miles de escolares de toda Galicia,como mellor libro do ano na categoría de […]