Archive for Setembro, 2007

TALLER DE POESÍA CAIXANOVA

14th Setembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en TALLER DE POESÍA CAIXANOVA

Desde hoxe 14 de setembro, e ata completar as prazas ( só hai 15 ), está aberto o prazo de inscripción no Taller de Poesía que vou impartir desde o vindeiro día 1 de Outubro, no Centro Social Caixanova de Vigo, entre as 6 e as 8 do serán. Había xa algún tempo que non […]

A FORZA DA LITERATURA

13th Setembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A FORZA DA LITERATURA

Leo unha entrevista coa Primatóloga Jane Goodall na que se nos demostra con absoluta claridade a forza da literatura. O entrevistador dille que de pequena, ela namorara de Tarzán. Copio a resposta da científica: Sí. Tendría 11 años cuando leí las novelas. ¿Y qué hizo él? Se casó con la otra, Jane. ¡Me moría de […]

¿POR QUE NOS GUSTA O PRINCIPIÑO?

11th Setembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿POR QUE NOS GUSTA O PRINCIPIÑO?

Leo unha entrevista co espelido actor Eduardo Casanova quen, ademais de interpretar a o histriónico Fidel en Aída, é O Principiño no teatro. Alí di algo que coido que sentimos moitos por esta personaxe. Que nos identificamos con el. E que a xente, cando medra, vólvese estúpida. Lin O Principiño, por primeira vez, na adolescencia. […]

¿SERÍAN CAPACES DE FACER ISTO HOXE OS ALUMN@S DE SECUNDARIA?

10th Setembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿SERÍAN CAPACES DE FACER ISTO HOXE OS ALUMN@S DE SECUNDARIA?

Veño de rematar a lectura dun libro ( o mes que vén comezo de novo cos meus Talleres Literarios, e estou quentando motores ) dunha escritora chamada Francine Prose e titulado Cómo lee un buen escritor. Técnicas de lectura de los grandes maestros ( Ares y Mares ). É un texto que, como ben indica […]

A LINGUA SERVE PARA DICIR QUÉROTE

7th Setembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A LINGUA SERVE PARA DICIR QUÉROTE

Aló polo mes de Maio celebraba aquí a posta en marcha da iniciativa Xeración, E Logo!, que ten como obxectivo mentalizar aos pais e nais de Galicia da importancia de transmitir a nosa fala ás súas crianzas. Onte, e dentro da campaña, fomos moitos os que gozamos, na Praza da Estrela de Vigo, das actuacións […]

UN LITERATO É UN HOME INDEPENDENTE

6th Setembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN LITERATO É UN HOME INDEPENDENTE

No libro de Kerouac do que falo sen parar, hai un intre especialmente divertido. Estamos en plena Segunda Guerra Mundial, e Kerouac está facendo a instrucción militar. Pero un día comprende que non ten por que estar alí, aturando os berros incomprensibles de xente aínda máis incomprensible. Levaba días coa idea de deixar de desfilar. […]

DROGADICTOS TODOS

5th Setembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en DROGADICTOS TODOS

Sego a voltas co libro de Kerouac do que xa falei noutras ocasións. Hai un intre no que di: “Todo o mundo drógase con algo”. Desde logo, leva razón. Porque todos, comprobado de que vai isto de vivir en sociedade, procuramos unha porta pola que escapar. Kerouac e outros fixérono pola vía química (drogas puras […]

DICIR O QUE SE PENSA

4th Setembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en DICIR O QUE SE PENSA

No libro que vos recomendei o outro día, Kerouac di: Se non dis o que pensas, ¿que sentido ten escribir? Houbo unha época na que todo o mundo esperaba que a xente da cultura alzase a súa voz e aproveitase as plataformas coas que conta para deitar opinións, apoiar causas… poñendo a súa palabra ao […]

OS COMEDORES DE PATACAS ( CON GRELOS )

3rd Setembro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS COMEDORES DE PATACAS ( CON GRELOS )

Desde o Consello da Xuventude de Galicia pedíronme un artigo sobre a lingua para a web, interesantísima, Lingua de Amor. Tituleino, con permiso de Rivas, Os Comedores de Patacas ( con Grelos ). Se queredes lelo, facede clic aquí e despois sobre o título do artigo. Que vos presten os grelos!!!