LEN PORQUE QUEREN ( NA CASA )

Posted by franciscocastro - 26/09/07 at 09:09 a.m.

Os datos do Barómetro de Hábitos de Lectura que hoxe acabamos de coñecer, din algo que semella obvio. Os nenos entre 10 e 13 anos son os que máis len.
O interesante é que declaran que o fan por vontade propia. Pero aínda hai algo máis interesante: len porque o ven na casa. O 71.9 por cento deses nenos din que seus pais len na casa.
Ou o que é o mesmo: moito máis efectivo que gastar os euriños en campañas mediaticamente espectaculares, ou moito mellor que abroncar aos mestres culpabilizándoos do abandono da lectura sería fomentar as bibliotecas familiares.
Porque as cousas boas da vida apréndense, sempre, na casa.

Os comentarios están pechados.