A LAREIRA LITERARIA

Posted by franciscocastro - 24/09/07 at 11:09 a.m.


Hai algo máis dun mes, escribín aquí un artigo dramático, que incluso provocou uns
cantos debates.
O mesmo día en que o publiquei, desde Fervenzas Literarias puxéronse en contacto comigo para dicirme que si, que había que facer algo. Se sabemos o que andan a escribir os de fóra, o que andan cociñando nas súas casiñas, igual estaba ben que se soubese en que andan metidos os escritores galegos.
Froito dese entusiasmo impresionante e impagable, naceu A Lareira Literaria, onde se irá informando arredor do que andan a cociñar os escritores e escritoras de Galicia.
Ben por esta fervenza de apoio ao noso!!! Faise país así.

Os comentarios están pechados.