LIBROS NA TELE. INDISPENSABLE

Posted by franciscocastro - 19/09/07 at 10:09 a.m.


Onte, vendo esa marabilla que é Documentos TV ( impagable Erquicia ) falaban das adiccións na sociedade de consumo. Ás compras, á delgadez… Explicaban que unha das causas dese tipo de conductas compulsivas era a televisión e as súas mensaxes obsesivas.
Contra o final da reportaxe, deron un dato abraiante: en España, cando un neno remata a Secundaria, terá pasado o dobre de horas vendo a tele que na clase.
Daquela, semella obvio que hai que levar o mundo do libro á televisión. Estamos cargándolle a responsabilidade do fomento da lectura ao colexio cando, os datos son os datos, pasan o dobre de tempo co profesor catódico.
Case que me dan gañas de poñerme melancólico e lembrar aquí que, cando eramos nenos, na programación infantil, saía todos os días Gloria Fuertes recitando poemas…

Chuzame! A Facebook A Twitter

8 ResponsesLIBROS NA TELE. INDISPENSABLE to “”

  1. PAZ says:
    Setembro 19th, 2007 at 2:58 p.m.

    Hoxe que todo é brevidade, nesa urxencia da caducidade, dicía Gloria “ Me manifiesto en poesía para tardar menos en deciros más “ ¡Iso sí que é tecnoloxía da bo#blgtk08#a ¡
    Aplaudo a túa proposta Fran, moitos cativos cren que só ten valor o que sae no televisor, porque iste é o seu educador e márcalle as pautas.

  2. náufrago says:
    Setembro 19th, 2007 at 3:39 p.m.

    Que grande esa frase de Gloria #blgtk08#Fuertes. A ver se nos fan caso.

  3. ictioscopio says:
    Setembro 19th, 2007 at 8:24 p.m.

    Pois eses nenos que vían e escoitaban a Gloria Fuertes son os pais que agora e#blgtk08#ducan estes fillos… :P
    (non estou dicindo que ela teña a culpa, eh!)

  4. náufrago says:
    Setembro 19th, 2007 at 8:55 p.m.

    Desde logo é así. #blgtk08#E é ben tristeiro.

  5. Amara Ozania says:
    Setembro 21st, 2007 at 11:02 a.m.

    Totalmente de acordo contigo, náufrago
    A tele á agora coma un mal pernicioso que en sesión continua envolve e seduce a adultos#blgtk08# e cativos. En tempos, a carta de axuste limitaba a programación da caixa tonta. O mellor daquelas emisións eran iso, a súa brevidade.

  6. náufrago says:
    Setembro 21st, 2007 at 12:48 p.m.

    Claro que si, pero eu tampouco satanizaría así sen máis a tele. Tamén hai cousas interesante#blgtk08#s. Pero os libros, desde logo,son case que invisibles. E xa non digamos os libros en galego.

  7. gema says:
    Setembro 24th, 2007 at 11:01 a.m.

    Por derriba do que ti dis , que estou de acordo, poderiaselle pedir tamén ás TVS en xeral que cambiasen polo menos ao 50% as novas que emiten. Non sei se son unha ilusa pero para que no mundo hai máis noticias boas que malas pero non señor, xa nos afi#blgtk08#xeron a escoitar a todas horas só desgrazas. Así non hai dios que agunante un mínimo de optimismo para vivir e logo saen as cifras que saen de depresión, e pretendemos contarlles aos rapaces a sorte que tiveron de vivir nun mundo tan marabilloso. Preocúpame o tema

  8. náufrago says:
    Setembro 24th, 2007 at 11:11 a.m.

    A min tamén. De feito, cada vez máis os telexornais parécense a c#blgtk08#ada día que pasa máis a puras crónicas de sucesos. Unha tristura.