TALLER LITERARIO NA CORUÑA

Posted by franciscocastro - 16/09/07 at 10:09 p.m.

Desde o luns 17 de Setembro e ata completar aforo ( 15 prazas ), está aberto o prazo de matrícula para inscribirse no Taller Literario que vou impartir no Centro Social Caixanova da Coruña. O seu prezo é de 80 euros e tocaremos, en oito sesións ( comezamos o luns 8 de outubro, de 7 e media do serán a 9 e media ), moitos asuntos, desde a Escritura Creativa, pasando polo Relato Breve, a Novela, a creación de personaxes, un pequeno taller de poesía, a corrección de estilo…
Como xa comentei o outro día cando falaba do Taller de Poesía en Vigo, quen teña interese en inscribirse só ten que facelo en calquera sucursal de Caixanova. ¿O único requisito? Amor á literatura e moitas, moitas gañas de escribir.

Os comentarios están pechados.