UNHA PREGUNTA PARA UN DEBATE SOBRE A LECTURA
29th Setembro 2007 by franciscocastro 18 Comentarios
Neste meu blog que xa leva un par de aniños centrado, en esencia, no asunto do libro e a lectura e a súa promoción, de cando en vez, como saben os fieis, gusto de propór debates para sentir a vosa opinión.
A pregunta é sinxela ( non así a súa solución ) e ten que ver con iso que tanto nos preocupa sobre as recomendacións escolares, os libros de lectura obrigatoria… No fondo, é a pregunta sobre que deben ler.
Centraremos o debate nos adolescentes, nos rapaces e rapazas entre, poñamos, once anos e dezasete, xusto esa franxa de idade na que, segundo os datos, comezan a ler menos.
Hai quen mantén que é preciso que na escola os estudantes se acheguen ás obras clásicas da nosa literatura. Pola contra, hai quen mantén que o único camiño que pode seguir a escola se o que quere é promocionar o hábito lector, é pedir que lean a autores contemporáneos que traten os problemas de hoxe en día. Despois, hai quen mantén que deben ler literatura adulta, como moitos de nós fixemos cando eramos adolescentes. Pola contra, hai quen se pecha diante da única posibilidade para eles válida: deben ler só literatura xuvenil, adaptada á súa idade e ao seu nivel de comprensión.
Daquela, agardo as vosas respostas á pregunta:
¿Que é o que teñen que ler?, ¿clásicos ou contemporáneos?, ¿libros adultos ou literatura xuvenil?
Aínda hai poucas horas que rematou na Praia da Borna, en Meira, en Moaña, a cea na que máis de cen persoas tivemos a honra de compartir con Bernardino Graña, o poeta do mar e dos homes, o seu 75 aniversario. Foi unha noite fecunda, de palabras agarimosas, de poesía chea de poder, de tenrura e de admiración diante do verbo e a presenza dun home inmenso que é, para nós, regalía e fortuna. Postos en pé, aplaudimos ata as bágoas. As nosas. Contidas. O seu sorriso, inmenso na brancura da súa barba. A boina.
Os datos do Barómetro de Hábitos de Lectura que hoxe acabamos de coñecer, din algo que semella obvio. Os nenos entre 10 e 13 anos son os que máis len.
Este xoves estaremos na homenaxe que se lle vai a ofrecer ao grandísimo Bernardino Graña co gallo do seu 75 aniversario. Xa Manuel Bragado publicou hai uns días 



Unha das mellores 
