LECTURAS DE VERÁN: EUME

Posted by franciscocastro - 13/08/07 at 01:08 p.m.

Hai algúns anos lin un libro de César Antonio Molina que me gustou especialmente e que leva por título Las Ruínas del Mundo. De feito, traballo con poemas dese libro nos meus talleres de poesía.
Por iso tiña tantas gañas de ler Eume, que vén de publicar en Galaxia case que ao mesmo tempo que era nomeado Ministro de Cultura.
O poemario explica no básico que todos os ríos son o mesmo río: a vida. Unha imaxe, por outra banda, ben utilizada na historia da literatura. Pode ser o río. Ou pode ser o camiño de Kerouac. Todo o poemario é unha longa reflexión arredor do paso do tempo e de como, despois de todo, o que procuramos, nas nosas viaxes ( o libro comeza nun aeroporto ) é voltar ás orixes, aos nosos propios eumes.
Fique aquí esta nova recomendación.
Do poemario e da lectura da entrevista que hoxe publica El País e da que me interesa resaltar estas palabras: Es muy bueno ser un creador para el cargo que desempeño porque sé las necesidades de la cultura.
Mentres lía o libro pensaba: que marabilla, un poeta ministro.
Seica el tamén o ten claro.
Oxalá.

Os comentarios están pechados.