O ANIMAL MORIBUNDO

Posted by franciscocastro - 06/08/07 at 01:08 p.m.


Leo que Isabel Coixet xa está montando a súa adaptación da novela de Philip Roth, El Animal Moribundo. Os protagonistas serán Ben Kingsley e Penélope Cruz.
Os que seguides este meu blog xa sabedes da miña querencia por Roth, e que adoro a súa obra. Sen embargo, esa novela é a única do autor estadounidense que non me gustou. Cando digo isto en público, sempre hai quen se bota as mans á cabeza. Para defenderme, sempre digo que debe de ser defecto meu.
Daquela, por unha vez, espero que a película supere ao orixinal.

Os comentarios están pechados.