Archive for Agosto, 2007

XA SOMOS MOITOS OS QUE PENSAMOS IGUAL ( UNHA OPINIÓN, TAMÉN, DRAMÁTICA )

29th Agosto 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en XA SOMOS MOITOS OS QUE PENSAMOS IGUAL ( UNHA OPINIÓN, TAMÉN, DRAMÁTICA )

Hoxe o Faro de Vigo publica unha entrevista coa poeta Yolanda Castaño. O titular está na onda do que eu mesmo dicía aquí, algo dramático, o outro día. En concreto: O único que lle falta á cultura galega é promoción e mercado. Daquela, seica xa somos moitos os que pensamos igual. Da entrevista ( estou […]

LECTURAS DE VERÁN: LA VANIDAD DE LOS DULUOZ

27th Agosto 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en LECTURAS DE VERÁN: LA VANIDAD DE LOS DULUOZ

Había moito tempo que non gozaba tanto cun libro como coa obra de Jack Kerouac, La vanidad de los Duluoz ( Anagrama ), un texto no que o escritor nos informa da súa Educación Audaz, é dicir, os seus anos de formación como escritor. Pero é un libro tamén nos que se nos conta a […]

NON PODE HABER LECTORES EN GALEGO ( UN ARTIGO DRAMÁTICO )

21st Agosto 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en NON PODE HABER LECTORES EN GALEGO ( UN ARTIGO DRAMÁTICO )

Gustoume moito a entrevista que lle fixeron no suplemento Mercados de La Voz de Galicia o pasado domingo ao libreiro Xesús Couceiro onde, entre outras cousas, declaraba: Un dos motivos de que o mundo do libro estea adormecido é o esquecerse da difusión. O titular tampouco era malo: A saúde do libro galego está mal, […]

MELLOR QUE A INSPIRACIÓN, A INTUICIÓN

20th Agosto 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en MELLOR QUE A INSPIRACIÓN, A INTUICIÓN

Hai unha idea moi extendida desde sempre que di algo así como que o feito de escribir é algo durísimo, que o escritor é un sufridor, que crear e padecer son o mesmo. O escritor, seica, é un tipo escuro que anda tirado por aí, agoniando as súas penas e miserias á procura desesperada desa […]

LECTURAS DE VERÁN: EUME

13th Agosto 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en LECTURAS DE VERÁN: EUME

Hai algúns anos lin un libro de César Antonio Molina que me gustou especialmente e que leva por título Las Ruínas del Mundo. De feito, traballo con poemas dese libro nos meus talleres de poesía. Por iso tiña tantas gañas de ler Eume, que vén de publicar en Galaxia case que ao mesmo tempo que […]

O ANIMAL MORIBUNDO

6th Agosto 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O ANIMAL MORIBUNDO

Leo que Isabel Coixet xa está montando a súa adaptación da novela de Philip Roth, El Animal Moribundo. Os protagonistas serán Ben Kingsley e Penélope Cruz. Os que seguides este meu blog xa sabedes da miña querencia por Roth, e que adoro a súa obra. Sen embargo, esa novela é a única do autor estadounidense […]