¿E VOSTEDE COMO O VES?

Posted by franciscocastro - 02/07/07 at 08:07 a.m.

Disimulen a brincadeira gramatical de aí no título.

Onte, o poeta Ramón Irigoyen publicou un artigo en La Voz de Galicia no que reflexionaba sobre a petición do Defensor del Pueblo de obrigar a que os alumn@s traten sempre de vostede aos profesor@s e que se prohiba atuar nas aulas como medida para frear a violencia escolar. Moi intelixentemente, o artigo remataba, despois de explicar que o respecto entre persoas ten que ser algo máis profundo e menos superficial que o tratamento ( son capaz de imaxinar ao verdugo falándolle de vostede ao que vai executar en minutos ), con estas verbas: “Si Finlandia es hoy en educación el ejemplo del mundo, estúdiese por qué se obtienen allí tan excelentes resultados educativos”.
Hai máis dun ano, no meu anterior blog ( non sei se irán as ligazóns… pido paciencia ) expliquei o por que. En Finlandia ser profesor é unha honra e a biblioteca é o centro absoluto da vida educativa.
Igual non é só a solución, pero algo terá que ver que para os finlandeses o libro sexa o núcleo arredor do que todo debe xirar.

Os comentarios están pechados.