Archive for Xuño, 2007

OS POETAS DE VIGO CANTAN Á POESÍA

13th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS POETAS DE VIGO CANTAN Á POESÍA

Hai case tres meses informei aquí dunha iniciativa que nos levou a unha morea de xente de Vigo a facer un recital poético un chisco singular. Pedinlle a todos os participantes que escribisen, no Día Internacional da Poesía, un poema sobre a poesía. A cousa medrou ata o punto de que recitamos moitísima xente e, […]

ARTE E PARTE. PARARSE A PENSAR

12th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ARTE E PARTE. PARARSE A PENSAR

Veño de rematar a lectura do ensaio de Xurxo Borrazás, editado por Galaxia, Arte e Parte. Dos Patriarcas á Arte Suicida. Había ben de tempo que non lía un texto tan interesante, lúcido, valente, iconoclasta e decidido coma este. Non vou contárvolo polo miúdo. Só direi que me parece imprescindible a súa lectura se queremos […]

A NOITE DO XERAIS

11th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A NOITE DO XERAIS

Un ano máis, Edicións Xerais de Galicia convocounos, o sábado, na Illa de San Simón para asistir á gala de entrega dos seus premios. Xa o dixen nas dúas anteriores ocasións: de cada vez mellor. Coido que ese acto ( na illa, nas palabras, na música, na romaría, na conversa ) forma parte xa do […]

LUCES EN PAPEL

8th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en LUCES EN PAPEL

O mércores tiven a honra de asistir á estrea do documental de María Ojea ( ¡que fermosura de traballo! ) sobre o Arquivo Pacheco, titulado Luces en papel. Tiven a sorte, tamén, de que a directora do documental me pedise poñerme diante da cámara para opinar sobre a importancia deste arquivo fotográfico. O outro escritor […]

PREMIO PARA CORREDORES DE SOMBRA

6th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en PREMIO PARA CORREDORES DE SOMBRA

A obra Corredores de Sombra, de Agustín Fernández Paz, vén de recibir o Premio Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano pasado na categoría de 3º da ESO a 1º de Bacharelato. Este premio é moi interesante porque o xurado son milleiros de rapazas e rapaces galegos que, durante o curso, van lendo, e […]

HAI UN MAR

5th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en HAI UN MAR

Vén de sair a revista Ave Fénix que, con todo o mérito do mundo, editan os Axentes de Saúde do cárcere de Monterroso. En castelán e para toda España, nesta ocasión tiveron a xenerosidade de entrevistarme. Pedíronme un poema que escribín para eles ( e pensando neles ) e que, na revista, saiu nas dúas […]

¿SUPERVIVENCIA OU SUICIDIO?

4th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿SUPERVIVENCIA OU SUICIDIO?

Moi relacionado co intensísimo debate que desde o meu anterior post estamos a ter, está este artigo que publiquei hai dúas semanas en A Nosa Terra e que xa está colgado na Biblioteca Virtual Galega e que titulei ¿Supervivencia ou Suicidio?. O texto íntegro do artigo, aquí.

ALGO NON ENCAIXA

1st Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ALGO NON ENCAIXA

Hoxe en El País, Antón Reixa publica un artigo dedicado a Andrés do Barro no que di algunhas cousas que cómpre analizar polo miúdo. Entre outras, que cando el era adolescente, nun entorno castelán-falante ( tal coma hoxe ), o pop de Andrés Dobarro era un dos poucos mecanismos de penetración do galego na súa […]