A FELICIDADE

Posted by franciscocastro - 29/06/07 at 06:06 a.m.


Os que saben din que unha das cousas que hai que facer en vacacións é concentrarse en todo o que nos pode facer felices.
Desde os gregos estamos lidando coa mesma teima: queremos ser felices.
Eu coido que hai que tentar selo todo o ano pero, xa que estou de vacacións, seguirei o consello dos sabios, pero con máis entusiasmo.
Así que, no básico, vou escribir ( rematar, dunha vez, unha novela que empecei co ano ) e, sobre todo, ler e ler e ler e ler e ler e ler e ler e ler e ler e ler…( ando con isto agora ).

Os comentarios están pechados.