ANNA FRANK. 60.

Posted by franciscocastro - 26/06/07 at 01:06 p.m.

Estes días conmemórase o sesenta aniversario da publicación do Diario de Anna Frank.
É difícil dicir algo orixinal sobre o texto sen repetir algunha trivialidade. Direi, só, que é a demostración da forza da palabra escrita para nos enfrontar á brutalidade; é, tamén, a demostración de que a arte chega máis e mellor aos corazóns do que nunca poderá chegar a ciencia.
Fai máis pola causa humana este diario, ou La Lista de Schlinder, que todos os ensaios, estatísticas, estudos e informes que poidamos ler sobre o holocausto.
O diario de Anna Frank sérvenos para reflexionar, tamén, sobre os holocaustos silenciosos e invisibles que, hoxe tamén, estamos a facer no mundo. Pensemos só nun dato: cada día morre de fame ( e porque nos dá a gaña ) tanta xente como para encher un estadio como o de Balaídos.
Moitos, a modo de diario, escribimos un blog.
Reflexionamos todos os días.
Xamais chegaremos, nin de moi lonxe, á profundidade á que chegou Anna Frank co seu diario.

Chuzame! A Facebook A Twitter

6 ResponsesANNA FRANK. 60. to “”

  1. arume dos piñeiros says:
    Xuño 26th, 2007 at 6:20 p.m.

    Por qué O diario de Ana Frank adoita es#blgtk08#tar nos andeis de literatura xuvenil?

  2. náufrago says:
    Xuño 26th, 2007 at 8:04 p.m.

    É unha boa pregunta. A verdade é que non o sei. A única razón que se me ocorre é que foi escrita por unha adolescente e, xa que#blgtk08# logo, poderíase pensar que son os adolescentes os que mellor poden entendela. Pero para min é un libro que pode ler calquera.

  3. Rafael Reyes says:
    Xuño 27th, 2007 at 10:55 a.m.

    Todos os homes foron nenos, e dicir, primeiro e o corazón neno e despois home.
    Algúns homes non deixaron crecer o corazón de nena de Anna Frank, pero non poideron evitar que o seu corazón atopase o camiño para crecer en outros.
    E asi foi#blgtk08# que a palabra de Anna Frank chegou a os nosos corazons convertida no seu.
    Aqueles homes fracasaron e agora hay homes novos, e nenos novos tamen, ainda que a veces volven os erros.
    Reflexionemos, si, diariamente.
    Apertas, escritor.

  4. náufrago says:
    Xuño 27th, 2007 at 11:42 a.m.

    O que dis é moi interesante. Abráiome cada vez que me decato que aqueles que meteron a Anna Frank na cámara de #blgtk08#gas, un día foron nenos. Que os que lanzan bombas no Iraq, algún día foron nenos. ¿Onde lles quedou o corazón?

  5. Concha says:
    Xuño 27th, 2007 at 2:21 p.m.

    A túa resposta a Rafael Reyes, náufrago, faime lembrar aquel poemiña de Luís Pimentel.

    “Aquil neno
    pínchaballe os ollos
    os paxaros;
    e gustáballe ver saír
    esa gotiña
    de ar e de lus,
    ise rocío limpo
    de mañanciñas frescas
    ……………………
    Logo botábaos
    #blgtk08# a voar
    e reía de velos
    toupar contra o valado
    da súa casa,
    con ruído
    moi triste
    …………………..
    Creceu e foi de aqueles”

    Quizais os verdugos de Ana Frank e de tantos outros inocentes, os que lanzan as bombas, os que masacran aos máis débiles sexan “de aqueles».

  6. náufrago says:
    Xuño 27th, 2007 at 2:24 p.m.

    Moi ben acaído o#blgtk08# poema, Concha.