O PEDRÓN

Posted by franciscocastro - 19/06/07 at 02:06 p.m.

Onte chegoume o libro que recolle os traballos premiados no Certame de Narracións Modesto R. Figueiredo correspondente aos anos 2004 e 2005.
Todo un clásico. Teno recibido xente coma Xavier Alcalá, Tucho Calvo, Suso de Toro, Xosé Manuel Martínez Oca…
Sae da man, como é habitual, de Edicións do Castro.
Nese libro podedes atopar o meu traballo Ningún fascista morreu inxustamente, que foi recoñecido co primeiro premio na edición de 2005.
Atoparedes aí, ademais do meu traballo, textos moi interesasntes de xente coma Agustín Agra ou Paco López-Barxas.
Quedades convidados á lectura.

Os comentarios están pechados.