O NOBEL PARA DYLAN

Posted by franciscocastro - 18/06/07 at 10:06 a.m.


Non sen certa retranca ( e non sen certa razón ) fala hoxe Camilo Franco en La Voz de Galicia sinalando a contradiccíón que supón que serísimos académicos lle dean o Príncipe de Asturias a un rockeiro cando o rock, por certo, é antiacadémico.
Sen embargo, o que Camilo non vai poder negarme, nin ninguén, é que Bob Dylan xa non só merece o Príncipe de Asturias das Artes senón o Nobel de Literatura.
Esquezámonos da música de Dylan ( direino: non son un gran fan ), e quedemos coa poesía ( direino: son un gran fan ). As letras das cancións son unha das formas da poesía. Por algo se chama lírica ( de lira: instrumento musical ); por algo as primeiras formas foron cancións: as cantigas.
Non é difícil rastrear a influencia das letras de Dylan en moita da poesía do século XX e, claro, tamén desde XXI. A súa presenza, xa que logo, na literatura contemporánea, é innegable. E que perdurará, por suposto, na historia ( da música e da literatura ), tamén. Moito máis, por certo, que outros que si que o recibiron e que, sospeito, pasados os anos irán sendo esquecidos.
Que lle dean o Nobel ( aínda que eu, só por isto, xa lle daría todos os premios )

Os comentarios están pechados.