Archive for Xuño, 2007

A FELICIDADE

29th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A FELICIDADE

Os que saben din que unha das cousas que hai que facer en vacacións é concentrarse en todo o que nos pode facer felices. Desde os gregos estamos lidando coa mesma teima: queremos ser felices. Eu coido que hai que tentar selo todo o ano pero, xa que estou de vacacións, seguirei o consello dos […]

¿LES TANTO COMA UN NEN@ DE PRIMARIA?

28th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿LES TANTO COMA UN NEN@ DE PRIMARIA?

Hoxe Antena 3 estrea un concurso que non creo que vexa, e que leva o provocador título de ¿Sabes más que un niño de primaria?. Aí na foto, o presentador. Trátase de averiguar se un adulto sabe o que é un morfema, que son os mililitros, os decalitros e todo iso. Cousas de primaria que […]

SOMOS SUMERIOS

27th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en SOMOS SUMERIOS

Eu son sumerio. Ti que me les es sumerio. Ela, quizais, a da foto do coche, é sumeria. Leo nunha revista algo que, non por sabido, deixa de abraiarme: hai seis mil anos os sumerios inventaron a escritura, puxeron pensamentos por escrito, rexistraron himnos, gravaron as súas lendas. Hai seis mil anos un pobo decidiu […]

ANNA FRANK. 60.

26th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ANNA FRANK. 60.

Estes días conmemórase o sesenta aniversario da publicación do Diario de Anna Frank. É difícil dicir algo orixinal sobre o texto sen repetir algunha trivialidade. Direi, só, que é a demostración da forza da palabra escrita para nos enfrontar á brutalidade; é, tamén, a demostración de que a arte chega máis e mellor aos corazóns […]

O RISO DE TITO

25th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O RISO DE TITO

Conta a poeta nicaraguana Claribel Alegría no seu libro Mágica Tribu ( Berenice ) no que lembra a grandes escritores dos que foi amiga, que Augusto Monterroso, a quen ela chamou sempre Tito, era un home sabio, porque tiña senso do humor. Escoitémola: “Nunca he conocido a alguien con tan agudo sentido del humor. Empezaba […]

A LUZ NOVA

22nd Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A LUZ NOVA

Veño de rematar a lectura dun libro fantástico que non podo deixar de recomendarvos con entusiasmo. O seu autor é Vicente Luis Mora. O libro chámase La Luz Nueva, e está editado por Berenice. A moitos xa lle soará o nome do autor polo seu excelente blog. No libro fala de moitas cousas. Entre outras, […]

PEDIATRAS

20th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en PEDIATRAS

Aviso para navegantes: ninguén vai poder acusarme de radical. A nova di que onte unha pediatra foi denunciada na Coruña por esixirlle a un neno, cun trato (cito a noticia ), “profundamente vexatorio” e “con moi malos modos”, que se dirixise a ela só en castelán. Verán que non son nada radical. Os médicos, coma […]

O PEDRÓN

19th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O PEDRÓN

Onte chegoume o libro que recolle os traballos premiados no Certame de Narracións Modesto R. Figueiredo correspondente aos anos 2004 e 2005. Todo un clásico. Teno recibido xente coma Xavier Alcalá, Tucho Calvo, Suso de Toro, Xosé Manuel Martínez Oca… Sae da man, como é habitual, de Edicións do Castro. Nese libro podedes atopar o […]

O NOBEL PARA DYLAN

18th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O NOBEL PARA DYLAN

Non sen certa retranca ( e non sen certa razón ) fala hoxe Camilo Franco en La Voz de Galicia sinalando a contradiccíón que supón que serísimos académicos lle dean o Príncipe de Asturias a un rockeiro cando o rock, por certo, é antiacadémico. Sen embargo, o que Camilo non vai poder negarme, nin ninguén, […]

MERCADO ( GALICIA COMO SOCIEDADE PRE-INDUSTRIAL)

15th Xuño 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en MERCADO ( GALICIA COMO SOCIEDADE PRE-INDUSTRIAL)

Temos que sacarnos complexos de enriba. Hai que ser ambiciosos. Temos que deixar de pedir perdón. E dignificar o feito de crear. Debemos ser modernos. E estar así no mundo. Antón Reixa, unha vez máis, vai sobrado de razón cando afirma hoxe, en El País ao respecto da creación da Axencia Galega de Industrias Culturais: […]