Archive for Maio, 2007

PLATAFORMA

14th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en PLATAFORMA

Tiña sen ler, aínda, Plataforma, de Michel Houellebcq. O primeiro que teño que dicir é que non é para tanto. Non no senso literario, que está moi ben (gocei moito do libro, en especial do seu desenlace; o derradeiro capítulo é deses que envexa calquera escritor ), senón desde o punto de vista, digamos, polémico. […]

GALEGO, MUNDO, VIDA E XENTE

11th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en GALEGO, MUNDO, VIDA E XENTE

Un estudo feito por Carlos Neira por encarga do Consello da Cultura Galega afirma que Galego, Mundo, Vida e Xente son as palabras que máis se usan no blogomillo. Non me sorprende a preocupación pola lingua, monotema monotemático do noso monomundo tan mono. Mais si que me sorprende, pero para ben, a aparición das outras, […]

EU SON COMA BECKHAM

9th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en EU SON COMA BECKHAM

Veño de ler os resultados dunha enquisa sobre os hábitos de lectura de revistas culturais. Como leo unhas cantas, interésanme os resultados. Os que lemos este tipo de revistas botámoslle unhas tres horas a cada exemplar. Vale. Os que lemos este tipo de revistas estamos no cumio da nosa vida profesional e cunha personalidade altamente […]

¿QUE FACEMOS CO DÍA DAS LETRAS? (Queda aberto o debate )

8th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿QUE FACEMOS CO DÍA DAS LETRAS? (Queda aberto o debate )

Achégase o Día das Letras e, como todos os anos, volvo a ter a sensación de que temos que darlle unha volta a este día, que hai que trocalo de arriba a abaixo. Digámolo ( e a quen non lle guste que lle bote azucre ): tal e como está é un día ao que […]

CLARO QUE AOS POLÍTICOS LLES INTERESA A LECTURA

7th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en CLARO QUE AOS POLÍTICOS LLES INTERESA A LECTURA

É un tópico dicir que aos políticos non lles interesa o mundo do libro e da lectura. É mentira. Lin por aí o outro día que os do PP, o PSOE e o BNG non dán un paso sen primeiro comprobar que é o que manda facer o seu Libro de Estilo.

CANDO OS LIBROS ERAN A REVOLUCIÓN

4th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en CANDO OS LIBROS ERAN A REVOLUCIÓN

Sempre digo que o invento máis revolucionario da historia foi a imprenta. Desde o instante en que Gütenberg puxo o trebello a funcionar, o saber deixou de ser algo exclusivo do poder ( daquela, a Igrexa ), para pasar ás mans de todos. As palabras, así, democratizábanse ( o acceso universal – e gratuíto – […]

O MEU CUESTIONARIO PROUST

2nd Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O MEU CUESTIONARIO PROUST

Un amable lector deste blog, convídame a respostar ao célebre Cuestionario Proust. Velaquí van as respostas O cuestionario Proust: O principal rasgo do meu carácter? A constancia A calidade que prefiro nun home? O humor A calidade que desexo nunha muller? A intelixencia O que máis aprecio nos meus amigos? Que me aturan O meu […]