BORGES. CELA. O NOBEL

Posted by franciscocastro - 28/05/07 at 10:05 a.m.

Foto do escritor Jorge Luis Borges no Hôtel des Beaux Arts onde morreu Oscar Wilde
Hai un par de semanas, o xornalista de La Voz de Galicia, e tamén escritor, César Casal, publicaba na última páxina un interesante artigo que podedes ler aquí e do que rescato o comezo, pois foi o que me fixo pensar: DIJO Jorge Luis Borges, la democracia, ese curioso abuso de la estadística. Y le costó el Nobel de literatura.
Leva razón. Borges non foi nada fino nas súas opinións políticas. E iso costoulle o Nobel. Pero foi un grande escritor. ¿Xusto?
E agora a miña reflexión: Cela foi delator e censor do réxime franquista. E o Nobel déronllo. ¿Xusto?

Os comentarios están pechados.