ESTACIÓN LITERATURA

Posted by franciscocastro - 25/05/07 at 02:05 p.m.


Estación Literatura: contos do tren, é o nome dunha iniciativa da Consellería de Cultura que comezou o pasado Día do Libro. Consiste en repartir no tren contos asinados por autores galegos. Na casa xa teño o de Blanco Amor, Luísa Villalta e o de Ferrín. O obxectivo: fomentar a lectura entre os usuarios do ferrocarril.
Teño para min que hai xente que só le no tren. Que non o fai en ningún outro sitio. Só no tren. Ou no metro. Todos temos visto como nas cidades onde a xente está obrigada a pasar parte do día no suburbano, moitos entreteñen a espera cun libro nas mans. Por desgraza, a nova tendencia é a poñer enormes televisores en todas as estacións do metro. A xente xa non lerá. Tragará anuncios.

Os comentarios están pechados.