RACCONTI DALLA GALIZIA MAGICA

Posted by franciscocastro - 23/05/07 at 02:05 p.m.

Hoxe coñecemos a boa nova de que unha editorial italiana vén de publicar unha antoloxía da narrativa fantástica en galego. O libro chámase Cruceiros. Racconti dalla Galizia Magica, ( Edizioni Estemporanee ) e ofrece textos de autores como Risco, Dieste, Fole, Cunqueiro, Ferrín e Suso de Toro, entre outros.
É, como digo, unha moi boa nova. Que a literatura galega traspase fronteiras é para que o celebremos.
Que veñan máis.

Os comentarios están pechados.