SE ESTES SON OS MELLORES LIBROS…

Posted by franciscocastro - 22/05/07 at 02:05 p.m.


A cadea de librerías británica Waterstone pediulle aos seus lectores que elixisen os mellores libros dos últimos 25 anos.
Non sei moi ben quen votaría pero o resultado é, cando menos, curioso ( ía escribir decepcionante ). O libro elixido polos británicos é Harry Potter e a pedra filosofal, de Rowling. Sen quitarlle mérito literario ( que o ten ) e sen deixar de recoñecer a habilidade da autora para crear mundos literariamente suxestivos, igual é un chisco esaxerado cualificala como a mellor obra no último cuarto de século.
Ademais, a calidade do resultado final fica un chisco cuestionada cando lemos que, no sexto lugar, está La sombra del viento, de Zafón ( nunca entenderei por que hai tanta paixón con este libro ) e xusto por diante, no quinto posto, O código da Vinci, de Dan Brown.

Os comentarios están pechados.