UN DEBATE, SEICA, NECESARIO ( Os blogs si que se len )

Posted by franciscocastro - 18/05/07 at 02:05 p.m.


Un vai escribindo o seu blog e, dunha maneira inevitable, moitas veces non pode evitar pensar que o que escribe non chega máis que aos fieis desta bitácora.
Mais ás veces si que transcenden as cousas. Por exemplo, hai unha semana propuxen aquí un debate sobre o Día das Letras Galegas e a necesidade, ou non, de replantear a festividade tal e como a temos a día de hoxe montada. Para a miña sorpresa, chamáronme do Faro de Vigo en relación a ese asunto, e o resultado saiu onte, tal que así, precisamente, no día que máis cumpría, o 17 de Maio.
E hoxe mesmo, hai un cacho, chamárome do programa da Radio Galega, Extrarradio, para participar nunha tertulia baixo da pregunta, ¿Que facemos co Día das Letras? o vindeiro domingo a partir das 12.30 da mañá.
Daquela, dúas conclusións: seica plantear o debate era necesario e os blogs, semella que si, lense. Seica si.

Os comentarios están pechados.