SILENZO ( DEFENSA DAS BIBLIOTECAS )

Posted by franciscocastro - 15/05/07 at 02:05 p.m.


Hoxe teño un argumento incontestable para defender a utilidade das bibliotecas.
Nesta sociedade onde todo é ruído, onde os coches tuneados tal discotecas rodantes nos escarallan os oídos co seu tundachunda tarabumda, onde os veciños berran, a xente do bar berra gol penalti merda de políticos que carallo di a Belén Esteban viva la Pantoja, onde os pais nais fillos fillas cans e outras mascotas berran, onde a tele berra, onde as obras de última hora do concello votádeme que non se vos esqueza, miserables, quen vos arranxa a rúa, esnaquizan as orellas tradeando o cerne das paciencias, onde todo é balbordo, estrépito, bulicio e bulla, nesa sociedade, tamén, hai bibliotecas.
Os últimos lugares, probablemente, onde podes atopar, coa escusa de ler, o silenzo preciso para vivir.

Os comentarios están pechados.