Archive for Maio, 2007

ARROLAR

30th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ARROLAR

A través do Servizo Galego de Saúde, a secretaría xeral de Política Lingüística vén de presentar unha campaña na que reparten libros e cancións de berce ás xestantes. Entre o material que se lles dá, todo el moi interesante, faiselles ás futuras mamás ( e supoño que papás ) un convite para facer unha reflexión […]

DESDE UN BURATO BAIXO TERRA

29th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en DESDE UN BURATO BAIXO TERRA

Veño de rematar un libro absolutamente impresionante. Un deses textos que, a pesares de non ter a intensidade literaria doutros moitos que nos fan gozar, si que posúe o estilo e, sobre todo, a grandeza da historia que nos quere contar, como para abraiarnos e deixarnos facéndonos preguntas. O seu autor – supostamente, porque o […]

BORGES. CELA. O NOBEL

28th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en BORGES. CELA. O NOBEL

Hai un par de semanas, o xornalista de La Voz de Galicia, e tamén escritor, César Casal, publicaba na última páxina un interesante artigo que podedes ler aquí e do que rescato o comezo, pois foi o que me fixo pensar: DIJO Jorge Luis Borges, la democracia, ese curioso abuso de la estadística. Y le […]

ESTACIÓN LITERATURA

25th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ESTACIÓN LITERATURA

Estación Literatura: contos do tren, é o nome dunha iniciativa da Consellería de Cultura que comezou o pasado Día do Libro. Consiste en repartir no tren contos asinados por autores galegos. Na casa xa teño o de Blanco Amor, Luísa Villalta e o de Ferrín. O obxectivo: fomentar a lectura entre os usuarios do ferrocarril. […]

RACCONTI DALLA GALIZIA MAGICA

23rd Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en RACCONTI DALLA GALIZIA MAGICA

Hoxe coñecemos a boa nova de que unha editorial italiana vén de publicar unha antoloxía da narrativa fantástica en galego. O libro chámase Cruceiros. Racconti dalla Galizia Magica, ( Edizioni Estemporanee ) e ofrece textos de autores como Risco, Dieste, Fole, Cunqueiro, Ferrín e Suso de Toro, entre outros. É, como digo, unha moi boa […]

SE ESTES SON OS MELLORES LIBROS…

22nd Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en SE ESTES SON OS MELLORES LIBROS…

A cadea de librerías británica Waterstone pediulle aos seus lectores que elixisen os mellores libros dos últimos 25 anos. Non sei moi ben quen votaría pero o resultado é, cando menos, curioso ( ía escribir decepcionante ). O libro elixido polos británicos é Harry Potter e a pedra filosofal, de Rowling. Sen quitarlle mérito literario […]

ASTERIX 80

21st Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ASTERIX 80

Albert Uderzo é o debuxante e guionista de Astérix. Antes de que morrera Goscinny só os debuxaba. Despois encargouse de todo. Agora cumpre 80 anos. Levo defendido moito neste blog a importancia da Banda Deseñada na formación dos futuros lectores. No meu caso, Astérix resultou esencial. Recordo perfectamente a primeira vez que os irreductibles galos […]

UN DEBATE, SEICA, NECESARIO ( Os blogs si que se len )

18th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN DEBATE, SEICA, NECESARIO ( Os blogs si que se len )

Un vai escribindo o seu blog e, dunha maneira inevitable, moitas veces non pode evitar pensar que o que escribe non chega máis que aos fieis desta bitácora. Mais ás veces si que transcenden as cousas. Por exemplo, hai unha semana propuxen aquí un debate sobre o Día das Letras Galegas e a necesidade, ou […]

O DLG COMO METÁFORA

16th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O DLG COMO METÁFORA

O Día das Letras Galegas é unha metáfora perfecta. Porque o 17 de Maio, como símbolo, é algo absolutamente literario. Porque é unha ficción. Os literatos ( chámense María Mariño ou calquera outro )dedicámonos a excitar a imaxinación a partir das palabras. Podería quedar moi ben e dicir que se me ocorreu a min esa […]

SILENZO ( DEFENSA DAS BIBLIOTECAS )

15th Maio 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en SILENZO ( DEFENSA DAS BIBLIOTECAS )

Hoxe teño un argumento incontestable para defender a utilidade das bibliotecas. Nesta sociedade onde todo é ruído, onde os coches tuneados tal discotecas rodantes nos escarallan os oídos co seu tundachunda tarabumda, onde os veciños berran, a xente do bar berra gol penalti merda de políticos que carallo di a Belén Esteban viva la Pantoja, […]