CODIGO DA VINCI SI, JOSTEIN GAARDER NON

Posted by franciscocastro - 24/04/07 at 02:04 p.m.


Onte, o escritor Jostein Gaarder, mundialmente famoso desde os primeiros noventa polo seu El Mundo de Sofía ( Siruela ), mantivo unha conversa dixital cos lectores de El País e que podedes ler aquí.
Entre outras cousas dixo que precisamos da Filosofía para salvar o medio ambiente, que lle “amolaría” ler O Código da Vinci, que no seu periodo de formación leu moito pola súa conta, que sempre lle gustaron os relatos de Borges ou que precisamos políticos valentes.
Sen dúbida, un autor moito máis interesante que Dan Brown. Sen embargo, o da Vinci témolo en galego mais, Jostein Gaarder, traducido a 53 idiomas, aínda non fala galego.
Dado que xa ficou dabondo demostrada a utilidade das traduccións como elemento normalizador, e vista tamén a súa boa saída comercial, ¿para cando unha editorial galega vai atreverse co Gaarder?

Os comentarios están pechados.