NON CEDA Á TENTACIÓN DE LER

Posted by franciscocastro - 18/04/07 at 02:04 p.m.


Xa falei algunha vez aquí da miña querencia por Os Simpsons. De feito, e aínda que vos soe raro, é dos exercicios intelectuais máis interesantes e intensos que fago ao longo do día.
Onte, o can dos Simpsons cargábase a tele por cable de todo Springfield. Diante da cara de pánico de todos os cidadáns pola desaparición das imaxes, unha voz en OFF, dicía: “A súa televisión por cable ten problemas momentáneos. Por favor, non ceda á tentación de ler. Grazas”.
Pois iso.

Os comentarios están pechados.