Archive for Abril, 2007

A PESAR DE TODO

27th Abril 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A PESAR DE TODO

Quero dar conta da saída no novo núero da Revista Grial. O tema é Lectura Pública. Un dereito da cidadanía. Os responsables da publicación honráronme pedindo a miña opinión. Escribín un traballo que titulei A pesar de todo. Sobre a promoción da lectura e a presenza do libro no espazo público. Os pacientes seguidores deste […]

¿E MAFALDA?

25th Abril 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿E MAFALDA?

Onte pedía eu aquí que algunha editorial se animase a traducir a Jostein Gaarder. Hoxe pediremos outro tanto para Mafalda. No número desta semana do semanario A Nosa Terra, esa magnífica xornalista que é Mar Barros ( mágoa que esa sección non estea en formato dixital ), recórdanos que no ano 1984 Mafalda foi traducida […]

CODIGO DA VINCI SI, JOSTEIN GAARDER NON

24th Abril 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en CODIGO DA VINCI SI, JOSTEIN GAARDER NON

Onte, o escritor Jostein Gaarder, mundialmente famoso desde os primeiros noventa polo seu El Mundo de Sofía ( Siruela ), mantivo unha conversa dixital cos lectores de El País e que podedes ler aquí. Entre outras cousas dixo que precisamos da Filosofía para salvar o medio ambiente, que lle “amolaría” ler O Código da Vinci, […]

REFLEXIÓN NO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

23rd Abril 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en REFLEXIÓN NO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe, La Voz de Galicia déixanos as reflexións de Ana Moreda, profesora de galego no IES de Beade, en Vigo. Di aí cousas moi interesantes que levamos moito tempo tamén mantendo desde este espazo e que, aínda que nos repitamos, convén ( sobre todo tal día coma hoxe ) repetir. A saber: que as lecturas […]

MOVER CONCIENCIAS

20th Abril 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en MOVER CONCIENCIAS

Hoxe en El País podemos ler unha interesantísima entrevista con Paco Ibañez. Entre outras cousas, e desde os seus máis de 70 anos, declara que lle gusta atizar conciencias. Canta falla nos fai. Algunha vez falamos neste blog da necesidade de descubrir aos poetas coa axuda da música. Iso foi Paco Ibañez na miña infancia. […]

NON CEDA Á TENTACIÓN DE LER

18th Abril 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en NON CEDA Á TENTACIÓN DE LER

Xa falei algunha vez aquí da miña querencia por Os Simpsons. De feito, e aínda que vos soe raro, é dos exercicios intelectuais máis interesantes e intensos que fago ao longo do día. Onte, o can dos Simpsons cargábase a tele por cable de todo Springfield. Diante da cara de pánico de todos os cidadáns […]

LITERATURA INFANTIL PICANTE

13th Abril 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en LITERATURA INFANTIL PICANTE

Practicamente todos os meses falo con xente que aínda non deu publicado pero que ten un gran talento. Escritor@s, algúns deles moi novos, que se desesperan por non atopar editorial ou que se fartan de recibir cartas onde lles di que as súas obras non son interesantes. Sabido é que publicar o primeiro libro é […]

SEDUCIR CUN LIBRO

11th Abril 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en SEDUCIR CUN LIBRO

Hoxe distintos medios recollen que a Consellería de Cultura gastará 50 millóns de euros en cinco anos para encetar iniciativas para conseguir que os galeg@s leamos máis. Entre outras cousas, pénsase en levar as campañas de fomento da lectura a centros de saúde, autobuses e comercios, ao mesmo tempo que se pretende impulsar a edición, […]

CRIAR EN GALEGO

10th Abril 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en CRIAR EN GALEGO

Hoxe todos os periódicos recollen a triste nova referida a que só un terzo da poboación urbana criada en castelán sabe falar galego. E que só o 4 % dos moz@s usan a nosa lingua. E que nas cidades o proceso de substitución do galego por parte do castelán semella inevitable. Todo isto terrible, en […]