Archive for Marzo, 2007

CANDIDATOS QUE ESCRIBEN

12th Marzo 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en CANDIDATOS QUE ESCRIBEN

Onte, nas páxinas de La Voz de Galicia contaban que os distintos candidatos á presidencia dos Estados Unidos saben que unha das cousas que obrigadamente teñen que facer é escribir un libro. Así, Hillary Clinton, Barack Obama ou Rudy Giuliani xa teñen publicados os seus, nalgúns casos, máis de un libro ( Hillary, ademais da […]

CARLOS CASARES E A PROSA INVISIBLE

9th Marzo 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en CARLOS CASARES E A PROSA INVISIBLE

Escoiteille dicir unha vez a Carlos Casares que a mellor prosa era aquela que non se vía, é dicir, que o lector nunca debe decatarse do artificio, que debe ser tan natural o que se escriba que quen lea só se concentre en gozar do texto. Niso, sen dúbida, era un mestre. Tanto na súa […]

A RÚA DOS LIBREIROS DE BAGDAD

7th Marzo 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A RÚA DOS LIBREIROS DE BAGDAD

Onte o xornal El País informaba dun brutal atentado – outro – nas rúas de Bagdad. Afeitos como xa estamos a espertarnos así, xa nin nos sorprende. Sen embargo, neste caso, si me chamou a atención o titular: 30 Muertos en la Calle de los Libreros en Bagdad. Leo a nova. E comprendo a forza […]

GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ. 80 ANOS

6th Marzo 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ. 80 ANOS

Hoxe Gabriel García Márquez cumpre 80 anos. Tamén neste 2007 conmemóranse 60 do seu primeiro conto, 40 de Cien años de soledad, e 25 do Nóbel. Eu sempre conto a mesma historia: cando tiña 15 anos e non ía moito por clase e estaba ocupado en todo menos no estudio ou a lectura, chegou ás […]

A GRAN NOVELA DE SPRINGFIELD

5th Marzo 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A GRAN NOVELA DE SPRINGFIELD

Onte, vendo un capítulo dos Simpsons, serie da que son absoluto devoto, e da que nunca canso a pesar de ver e ver e ver os mesmos capítulos unha e outra vez, resulta que despedían ao director do colexio, o Señor Skinner. Ao día seguinte, facendo a compra, declaraba que non estaba tan mal estar […]

RAPEANDO NO TREN

2nd Marzo 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en RAPEANDO NO TREN

Onte, por segundo ano, tiven a honra de falarlle aos cativos na saída do Tren da Lingua que promoven Caixanova e Renfe e que leva a varios miles de nenos por Galicia adiante con actividades, no tren, arredor da lingua galega. O ano pasado conteilles. Onte, canteilles. Déume por aí: preparei un rap sobre o […]