E COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO E QUEN NON LEVANTE O CU QUÉDALLE PEGADO

Posted by franciscocastro - 20/03/07 at 02:03 p.m.

Quero aínda dedicarlle un artigo máis ao asunto de onte.
Recibo hoxe un libriño editado por unha coñecida bebida de cola que, entre outros productos, ten unha sen cafeína, titulado El Libro de Sus Sueños.
Son unha serie de consellos para axudar aos pais con cativos pequerrechos a que durman ben. A mellor noticia é que unha das propostas que se fai aí é, contra do final do día, apagar televisión, videoconsola ou cousa que poida molestar, coller un conto para lerlle aos nosos fillos.
De seguir reproduzo parte do texto: Los cuentos no sólo son una magnífica manera de transmitir cariño a nuestros hijos (… ) Los niños, faltos de la experiencia que dan los años, necesitan constantemente saber más, comprender, informarse sobre un montón de cosas y, mejor aún, experimentarlas. Los cuentos son para ellos un modo de experimentar montones de cosas, aventuras, la vida real misma.
Daquela, e como xa comentou algún lector onte, lerlles aos nosos fillos non só serve para fomentar o amor á lectura. Sobre todo, serve para pasar un intre magnífico con eles ( pensade o rápido que medran… a ver quen lle le despois a un adolescente ). Ademais, se len, a súa visión do mundo será máis ampla e mellor. Xa que logo, máis ceibos e menos manipulables. Este segundo agasallo é, tamén, tal e como está o patio, outra maneira de querelos.
E remato con esta cuestión cunha frase mítica antes de apagar a luz: E colorín, colorado, este conto está rematado, e quen non levante o cu quédalle pegado.
( Suponse agora que o amable lector ou lectora deste blog, ergue o cu e volve sentar )

Os comentarios están pechados.