GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ. 80 ANOS

Posted by franciscocastro - 06/03/07 at 02:03 p.m.


Hoxe Gabriel García Márquez cumpre 80 anos. Tamén neste 2007 conmemóranse 60 do seu primeiro conto, 40 de Cien años de soledad, e 25 do Nóbel.
Eu sempre conto a mesma historia: cando tiña 15 anos e non ía moito por clase e estaba ocupado en todo menos no estudio ou a lectura, chegou ás miñas mans Todos los cuentos, de Gabriel García Márquez en Bruguera. Podo verme a min mesmo deitado na cama, tapado ata as orellas para protexerme do frío que facía na casa dos meus pais, e lendo ese libro e, literalmente, sen ser capaz de parar de ler, devorándoo, abraiado diante de cada palabra, de cada historia, de cada personaxe. Lembro moi en concreto un conto, Eva está dentro de su gato, que contaba xusto a historia que aquel adolescente desleixado e moi, moi desnortado que eu era, precisaba que lle contasen.
Despois caeron todos os demais, todos os clásicos da súa bibliografía.
Hoxe cumpre 80. E aínda que xa non vivo a súa literatura como antano, só polo moito que nos deu nalgunhas das súas obras, deséxolle que chegue, cando menos, aos 100 anos, pero non en soidade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

25 ResponsesGABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ. 80 ANOS to “”

  1. Roque Balboa says:
    Marzo 6th, 2007 at 3:15 p.m.

    É un dos autores que me parece que peor envellece. Reler as sú#blgtk08#as novelas con corenta anos non é o mesmo que lelas con vinte.

  2. Marta Werner says:
    Marzo 6th, 2007 at 4:24 p.m.

    Un gran escritor, sin duda, pero creo que no es que envejezca mal, sino que la falta de riesgo que caracteriza su obra después de «El amor en los tiempos de cólera» se hace, con la perspectiva del tiempo, más evidente. Hace tiempo que no sorprende, y las «Memorias de mis putas tris#blgtk08#tes» hubieran sido sencillamente ridiculizadas de haberlas firmado otro cualquiera. Por cierto: la partipación de Mario Vargas Llosa en el gran homenaje que le harán en Cartagena de Indias consagrará, sin duda, una de las grandes reconciliaciones de la historia de la literatura…

  3. Xancin says:
    Marzo 6th, 2007 at 4:27 p.m.

    Hoxe esperaba este artigo teu. Que parte do corpo deixaríaste cortar por escribir Cien años de sole#blgtk08#dad? Ou Crónica de una muerte anunciada? Ou del amor y otros demonios?
    Grande gloria a Gabo

  4. náufrago says:
    Marzo 6th, 2007 at 4:52 p.m.

    Coido que asino todo o que din Roque Balboa e Marta Werner.Co paso do tempo o grande Gabo foi perdendo fuelle. Pero é que despois de 100 años.#blgtk08#.. a ver quen pode ser xenial. De deixarme curtar, non sei, un par de pelos. Non, en serio, ese primeiro Gabo é a envexa de calquera escritor.

  5. X says:
    Marzo 6th, 2007 at 5:49 p.m.

    Unha obra mestra xustifica toda a vida creativa dun artist#blgtk08#a. No caso de Gabo, e para o meu gusto, ten máis de unha.

  6. náufrago says:
    Marzo 6th, 2007 at 6:49 p.m.

    Desde logo. Digo 100 años pero podo d#blgtk08#icir, como non Relato de un Náufrago.

  7. dedoscomovermes says:
    Marzo 6th, 2007 at 7:28 p.m.

    Eu tenho umha debilidade especial pelo Simón Bolívar que recriou no General en su Laberinto, e por El amor en los tiempos del cól#blgtk08#era. Encantárom-me [no sentido de engaiolar ou deslumbrar] quando eu já pensara que lera a sua melhor obra (Cem anos, claro…)

  8. náufrago says:
    Marzo 6th, 2007 at 7:41 p.m.

    Pois a min un dos libros de Márquez que máis me engaiolou, tamén no mesmo sentido, é o primeiro t#blgtk08#omo da súa autobiografía, Vivir para contarla. De feito, a ver se dá sacado dunha vez a segunda.

  9. Amara Orzania says:
    Marzo 6th, 2007 at 9:20 p.m.

    Deséolle a García Marquez, hoxe que está de aniversario, que chegue a os cen anos en boa compaña, e que a memoria lle perdure.Releer as súa obra sempre é un pracer. É difícil olvidar a quen nos deixou e aínda nos deixa, a#blgtk08#ta «El amor en los tiempos del cólera», deslumbrados. Nembergantes «Memorias de mis putas tristes» acostumada a xenialidade de Marquez, deixou en min un pouso de amargura. Non escribila resultaría máis brillante.

  10. Marinha de Allegue says:
    Marzo 6th, 2007 at 9:25 p.m.

    P A R A B E N S nun día tan especial!!!.
    #blgtk08# />

    Unha aperta grande.
    :)

  11. náufrago says:
    Marzo 6th, 2007 at 9:42 p.m.

    É obvio que ese libro de Márquez, xa criticado aquí, hoxe, por dúas veces, desmerece no conxunto da súa obra. Pero tampouco sexamos moi inxustos: de #blgtk08#estar asinado por calquera outro, igual se trataba con máis indulxencia. Ao ser del, espérase, claro, un certo nivel que, é obvio, ese libro non ten.

  12. Amara Orzania says:
    Marzo 7th, 2007 at 8:31 a.m.

    Amigo náufrago. Se o libro non foxe de que é, abandoaría a lectura nas primeiras páxinas. O afán de buscar ne#blgtk08#l as pegadas de Marquez, levoume a lelo ata o final. Decepcioneime a o descubrir que non estaba a súa altura.

  13. marcos de auria says:
    Marzo 7th, 2007 at 11:12 a.m.

    Homenaxe a Carlos Casares. Convite á blogosfera galega

    O próximo venres, 9 de marzo, vanse cumprir cinco anos da morte de Carlos Casares, falecido en Vigo o 9 de marzo do 2002. Carlos Casares foi un excelente escritor, un magnífico conversador e tertuliano e, para moitos/as, un amigo e un referente moral.
    Propóñovos, se vos parece ben, facerlle unha pequena homenaxe dende a blogosfera galega (refírome a todos os blogs de galegos, de nacemento e de corazón, que se reparten por todo o planeta). Ó cabo, Carlos era un apaixonado dos aparatos e trebellos tecnolóxicos máis orixinais e tamén estaba entusiasmado co mundo virtual e as posibilidades de Internet. Non chegou a#blgtk08# escribir un blog, pero tiña un xeito de blog nos xornais (“Á marxe” en La Voz de Galicia), co que comunicaba todos os días con milleiros de galegos e galegas, sendo o columnista máis seguido da prensa galega. Consta ademais que moitos dos seus amigos e colegas chamábano a cotío dándolle datos ou comentarios sobre os temas que trataba nas súas columnas: o equivalente ó que hoxe son os comentarios ós nosos textos nos blogs.
    En fin, que se vos parece pertinente, sería moi fermoso que o 9 de marzo todos os blogs que queiran publiquen un pequeno texto en homenaxe a Carlos Casares, lembrando a súa obra e a súa personalidade. Queda feito o convite.
    (www.asuvasnasolaina.blogspot.com)

  14. bouzafria says:
    Marzo 7th, 2007 at 1:41 p.m.

    Cien años de soledad é unha novela insuperable. Moi axeitada,#blgtk08# por outra parte, para que os adolescentes entre na lectura.

  15. náufrago says:
    Marzo 7th, 2007 at 2:03 p.m.

    Desde logo, eu lino aos 16 e flipei a colores. Sen embargo, teño as miñas dúbidas de que hoxe en día os adolescentes, d#blgtk08#igamos, medios, fosen capaces de entender e disfrutar desa lectura. Agora recoméndanselles obras, digamos, máis lights.

  16. Mrs.Doyle says:
    Marzo 7th, 2007 at 2:42 p.m.

    Foi un dos grandese deunos grandes obras, pero últimamente#blgtk08#, na miña humilde opinión, entregouse ao mercantilismo…

  17. náufrago says:
    Marzo 7th, 2007 at 2:52 p.m.

    É innegable. É p#blgtk08#ásalle a moitos.

  18. Mr Tichborne says:
    Marzo 7th, 2007 at 3:33 p.m.

    Un grande, se non o máis grande, autor vivo. Que sexan moitos anos máis.
    #blgtk08#
    Por certo, é moi literario que celebre catro aniversarios tan redondos no 2007.

  19. náufrago says:
    Marzo 7th, 2007 at 6:06 p.m.

    O realismo máxic#blgtk08#o dos números…

  20. DOMY says:
    Marzo 9th, 2007 at 8:22 p.m.

    Carta de despedida os seus amigos, antes da súa morte:
    «Si por un instante Dios se olvidara de que soy una marioneta de trapo y me regalara un trozo de vida, posiblemente no diría todo lo que pienso, pero en definitiva pensaría todo lo que digo.

    Daría valor a las cosas, no por lo que valen, sino por lo que significan.

    Dormiría poco, soñaría más, entiendo que por cada minuto que cerramos los ojos, perdemos sesenta segundos de luz.

    Andaría cuando los demás se detienen, despertaría cuando los demás duermen.

    Escucharía cuando los demás hablan, ¡y cómo disfrutaría de un buen helado de chocolate!

    Si Dios me obsequiara un trozo de vida, vestiría sencillo, me tiraría de bruces al sol, dejando descubierto, no solamente mi cuerpo sino mi alma.

    Dios mío, si yo tuviera un corazón, escribiría mi odio sobre el hielo, y esperaría a que saliera el sol. Pintaría con un sueño de Van Gogh sobre las estrellas un poema de Benedetti, y una canción de Serrat seria la serenata que les ofrecería a la luna.

    Regaría con mis lágrimas las rosas, para sentir el dolor de sus espinas, y el encarnado beso de sus pétalos…

    Dios mío, si yo tuviera un trozo de vida… No dejarí#blgtk08#a pasar un solo día sin decirle a la gente que quiero, que la quiero.

    Convencería a cada mujer u hombre de que son mis favoritos y viviría enamorado del amor.

    A los hombres les probaría cuán equivocados están al pensar que dejan de enamorarse cuando envejecen, ¡sin saber que envejecen cuando dejan de enamorarse!

    A un niño le daría alas, pero le dejaría que él solo aprendiese a volar.

    A los viejos les enseñaría que la muerte no llega con la vejez, sino con el olvido.

    Tantas cosas he aprendido de ustedes, los hombres… He aprendido que todo el mundo quiere vivir en la cima de la montaña, sin saber que la verdadera felicidad está en la forma de subir la escarpada. He aprendido que cuando un recién nacido aprieta con su pequeño puño, por vez primera, el dedo de su padre, lo tiene atrapado por siempre. He aprendido que un hombre sólo tiene derecho a mirar a otro hacia abajo, cuando ha de ayudarle a levantarse.

    Son tantas cosas las que he podido aprender de ustedes, pero realmente de mucho no habrán de servir, porque cuando me guarden dentro de esa maleta, infelizmente me estaré muriendo.»

    GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ

    Un xenio ¿Non?
    Saúdos mestre

  21. náufrago says:
    Marzo 9th, 2007 at 9:02 p.m.

    O texto é fermosísimo, pero coido que foi o propio García Márquez quen #blgtk08#dixo que non o escribira el. ¿Alguén pode aclararnos isto? Saúdos, DOMY

  22. DOMY says:
    Marzo 10th, 2007 at 12:25 a.m.

    Non sabía…e o que ten boca se equivoca, se o propio escritor o dí, entón eu o creo. A saber quen o escribiu no seu nome. O mellor el mesmo non quere recoñecer tanto sentimento. Fora o que fose, eu quiteino de eiquí:
    http://www.interrogantes.net/includes/documento.php?IdDoc=2325&IdSec=103
    Reflexiones diversas
    Carta de Gabriel García Márquez

    #blgtk08#/>
    >> Gabriel García Márquez se ha retirado de la vida pública por razones de salud: cáncer linfático. Ahora, parece, que es cada vez es más grave. Ha enviado una carta de despedida a sus amigos, y gracias a internet está siendo muy difundida.

    Sinto haber contribuido a tan fatal error. Por veces pasa. Saudos e grazas mestre.

  23. náufrago says:
    Marzo 10th, 2007 at 11:14 a.m.

    Cousas que pasan. Hai anos difundiuse pola Rede un sup#blgtk08#osto poema de Borges, tamén moi fermoso, que non era.

  24. Susi says:
    Marzo 13th, 2007 at 10:34 p.m.

    Estou lendo neste momento “Vivir para contarla” , e estou contigo Naufrago, estame gustando moitísimo, por certo que se o que conta no libro e verdade “E#blgtk08#va esta dentro de su gato” foi un dos primeiro contos que lle publicaron, e tamén foi un dos contos que mais me gustou cando os lin tamén eu con 16 anos.

  25. náufrago says:
    Marzo 14th, 2007 at 8:47 a.m.

    ¿Verdade que é unha infancia alucinante?, ¿como non ía sa#blgtk08#írlle o realismo máxico famoso? Alédome de que che guste.