Archive for Febreiro, 2007

O FUTBOLÍN

12th Febreiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O FUTBOLÍN

Non sei moi ben cando descobrín o futbolín. Pero si cando se fixo importante na miña vida. Eran os tempos do instituto. Primeiros oitenta. No recreo, saiamos a mercar unha empanadilla no Bar Carballo, a rentes do monte da Guía, e alí estaban, os de COU, dándolle duro ao futbolín, abusando dos que, coma min […]

TODO UN SÍNTOMA

9th Febreiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en TODO UN SÍNTOMA

Cando unha biblioteca municipal – xa que logo, infradotada, pouco usada, obsoleta… pero biblioteca despois de todo – é utilizada para facer dentro botellón e conectarse a Internet para ver porno, digo eu que iso debería de significar algo. Como síntoma, digo. Baixos niveles de lectura, si. Ás bibliotecas nos últimos tempos só van os […]

PUNVER

7th Febreiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en PUNVER

Veño de rematar a lectura do novo libro de Yolanda Castaño. Titúlase Punver e é toda unha sorpresa porque, a verdade, non me esperaba eu un libro para primeirísimos lectores dela. Pero é unha sorpresa agradable. Escribín unha reseña que podedes ler aquí. ( Opina sobre isto e axúdame a seguir buscando )

O SER BIFRONTE

6th Febreiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O SER BIFRONTE

A foto que ilustra este post é de Anthony Crossfield, da súa serie Foreign Body, gañador na categoría de Belas Artes nos prestixiosos International Photography Awards 2007 e que, para min, resume perfectamente en que consiste ser escritor. Por unha banda, un ollo sempre posto na realidade. Vivimos no mundo e sen el non existimos. […]

LOIS E HELENA BUSCÁNDOSE UN DÍA DE TORMENTA

5th Febreiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en LOIS E HELENA BUSCÁNDOSE UN DÍA DE TORMENTA

Veño de rematar a lectura do novo libro de Manuel Veiga, Lois e Helena buscándose un día de tormenta, editado por Galaxia e que mereceu o Premio García Barros do ano pasado. Un libro moi ben escrito, cun narrador distante, irónico, intelixente, que nos vai levando pola man nunha historia, en apariencia sinxela ( unha […]

¿QUE LIBROS GALEGOS HAI QUE LER ANTES DE MORRER?

2nd Febreiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿QUE LIBROS GALEGOS HAI QUE LER ANTES DE MORRER?

Veño de rematar a lectura de 1001 libros que hay que leer antes de morir. Interesante volume de consulta que nos ofrece, segundo o criterio dunha cantidade enorme de críticos de moitos países, reseñas de 1001 libros que eles coidan imprescindibles para que calquera que se chame lector poida presumir do título ( eu léovos […]