¿E COMO SERÍA A TÚA GORENOVELA?
28th Febreiro 2007 by franciscocastro 26 Comentarios
Un autor cordobés que publica baixo do pseudónimo de Rodrigo del Lago, vén de publicar na editorial Atlantis unha obra titulada Chanquete Resurrection.
É presentada coma unha gorenovela. No básico conta que Chanquete volve da morte para vingarse. Saen Tito, Piraña, Bea e os demais. Seica hai fervenzas de sangue, vísceras, mortes, asasinatos a esgalla e de todo tipo e todos eses outros ingredientes típicos do cine gore.
Agora, a pregunta: ¿cal sería a túa gorenovela? É dicir: pensa, por exemplo, en personaxes da nosa infancia, ben da literatura ben das series de televisión, e pégalles unha reviravolta argumental. ¿A nai de Bambi volve chea de carraxe?, ¿dous dos sete ananos de Brancaneves casan?, ¿teñen unha historia romántica Ulises e o Cíclope?
Pensade. E a ver que pasa.
Hai case que un mes 

No semanario A Nosa Terra enmarcan a sección de Opinión cunha serie de comentarios sobre temas do máis diverso. No desta semana hai un que me chamou moito a atención e que copio aquí mesmo:

Onte trouxéronnos a casa, por fin, un novo moble para os libros. A situación era desesperante no meu estudio, con libros ciscados por todas partes, en dobres e triples filas por entre as columnas ateigadas, cos exemplares apertados, estreitándose ata o máximo para permitr a entrada de máis. Incluso ringleiras que ían medrando desde o chan, cara o teito, desafiando ao mesmísimo Newton… e perdendo a batalla máis dunha vez.
Nos últimos tempos 
