Archive for Xaneiro, 2007

MÁIS CULTURA ( NOCTÁMBULA ) NA GALEGA

15th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en MÁIS CULTURA ( NOCTÁMBULA ) NA GALEGA

Hai tempo, no meu outro blog, fixen ( como outra moita xente ) campaña activa para que o programa de libros da Galega, Libro Aberto, se emitise a unha hora decente, sobre todo, porque a pesares de emitirse, entre semana, case que as dúas da mañá, é o programa de libros con máis audiencia de […]

¿COCIÑAMOS? ( UN XOGO MÁIS )

12th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿COCIÑAMOS? ( UN XOGO MÁIS )

Despois do ben que o pasamos no noso Xogo de Nadal, vai sendo tempo de propoñer outro. Descubro un volume curioso. Leva por título Sopa de Kafka ( Edaf. 92 páxinas ),e propón catorce receitas da literatura ilustradas polo autor: ovos ao estragón de Jane Austen, sopa de miso de Kafka, polos recheos de Sade… […]

ESCRIBIR 200 LIBROS

10th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ESCRIBIR 200 LIBROS

Polo de hoxe publiquei dez libros. Chega ás miñas mans a segunda parte de Peter Pan, editada por Obradoiro e que leva por título Peter Pan e a levita escarlata. A autora (gañou un concurso para ter dereito a escribila ) é Geraldine McCaughrean, unha escritora inglesa que xa publicou máis de douscentas obras. Teño […]

SILENZO

9th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en SILENZO

O topicazo di que os escritores amamos a soidade. Porque é precisa para crear. A concentración e todo iso. Probablemente é certo. Para min é unha fonte de pracer estar só, diante da pantalla, dándolle vida á historia que xa vive na miña cabeza ( no fondo non estou só: levo días vivindo con catro […]

O MEU CONTO ESTRAÑO DE NADAL

7th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O MEU CONTO ESTRAÑO DE NADAL

Os amigos da revista Código Cero ( xa está nos quioscos ) pédíronme que escribira algo sobre o Nadal. Como a revista vai sobre novas tecnoloxías e así, escribín, dadas as datas en que ía saír, un conto que titulei Por que Papá Noel odia Internet ( Conto estraño de Nadal ). Se vos interesa […]

40 ANOS EN MACONDO ( Máis sobre a inspiración )

3rd Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en 40 ANOS EN MACONDO ( Máis sobre a inspiración )

Onte escribín sobre a inspiración. E hoxe leo que se cumpren corenta anos da publicación desa catedral literaria que é Cien Años de Soledad de Gabriel García Márquez. Co gallo da eferméride, Márquez recorda que se lle apareceu con claridade a historia un día cando ía en coche desde Ciudad de México a Acapulco, sobre […]

SON UN BLOC DE NOTAS

2nd Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en SON UN BLOC DE NOTAS

Horas antes da fin de ano lin unha entrevista co poeta Antonio Gamoneda onde dicía que o que máis apaixona a un poeta é o folio en branco. El non o sabe pero fala de min. Enceto a fin do 2006 e o comezo do novo ano tomando notas dunha maneira frenética para unha nova […]