ROSALÍA UNIVERSAL

Posted by franciscocastro - 30/01/07 at 02:01 p.m.


Shozo Nakinishi é un banqueiro xaponés que, segundo propia confesión, namorou de Rosalía hai máis de dez anos. Agora vén de traducila ao xaponés.
Todo poeta aspira a ser universal. E iso conséguese cando outro alguén do futuro, doutras latitudes, é capaz de sentir grazas ao que outros antes, noutros mundos, escribiron.
Dígoo así porque fomos moitos os que medramos escoitando aquilo de que Rosalía era unha especie de chorona oficial da emigración que só podiamos entender os que tiñamos a familia pola Arxentina ou así. Non é certo. Hai unha Rosalía melancólica, si, pero hai outra reivindicativa, e outra polémica, e outra tenra e outra… e todas son a mesma. Por iso é universal. Coma Celso Emilio, poño por caso. Por citar outro grande.
Se un banqueiro ( soa pouco poética esa profesión ) namora, desde Xapón, de Rosalía de Castro, é que a de Padrón era ben universal.
Xa o dixo Tolstoi: fala do teu barrio e falarás do mundo.

Os comentarios están pechados.