A VIDA SEXUAL DE SUSANNA ( UNIVERSO LERCHO )

Posted by franciscocastro - 26/01/07 at 02:01 p.m.

Estes días andivemos moi alterados por aquí falando da literaturarosa.
Sen embargo, na literatura, digamos, supostamente seria, tamén se dá o lercheo. E non pouco. E iso é malo.
Por exemplo, hai un mes, empezouse a falar sen parar, incluso en revistas mundialmente coñecidas como Vanity Fear ( que foi quen sacou o asunto ) da escritora italiana Susanna Tamaro ( Donde el corazón te lleve ), cando declarou, co gallo do lanzamento da súa nova obra ( Ascolta la mia voce ), que desde había 18 anos mantiña unha relación cunha muller, iso si, sen sexo.
Puro lercheo.
Porque non creo que a vida sexual dunha escritora importe moito para falar sobre os seus libros.
Diso, como digo, hai un mes.
Pero esta mesma semana, unha revista de aquí, dedícalle catro páxinas a Susanna Tamaro, pero, iso si, de titular: No echo de menos el sexo. Soy muy feliz sin él.
Este triunfo do Universo Lercho paréceme abondo perigoso. Se incluso na literatura, o que nos vai interesar, é o que os escritor@s fan ou deixan de facer de cintura para abaixo…

Os comentarios están pechados.